DECRETO 32/2017, do 2 de marzo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción dun itinerario peonil e ciclista na PO-250, Amoedo-Pazos de Borbén (punto quilométrico 6+500-7+320), no concello de Pazos de Borbén (clave PO/16/060.06).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

O 21 de novembro de 2016 publícase no Diario Oficial de Galicia (núm. 222) o Anuncio do 9 de novembro de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción: itinerario peonil e ciclista na PO-250. Amoedo-Pazos de Borbén (p.q. 6+500-7+320), de clave PO/16/060.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Posteriormente, e tras a análise das alegacións, informes e certificados presentados, o 3 de febreiro de 2017 se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción: itinerario peonil e ciclista na PO-250, Amoedo-Pazos de Borbén (p.q. 6+500-7+320), de clave PO/16/060.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto a creación dunha senda compartida (peonil e ciclista), no treito da estrada PO-250 que vai desde o p.q. 6+500 (fin do núcleo de Amoedo) ao p.q. 7+320 (comezo do núcleo de Pazos), creando un itinerario continuo e seguro que beneficiará a circulación de peóns e ciclistas, que na actualidade non dispoñen de carril específico e circulan pola beiravía ou polo carril de circulación.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR