DECRETO 36/2015, do 26 de febreiro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de traslado da pasarela peonil afectada polas obras na AC-552, AC-551 e DP-0509, no concello de Arteixo (clave AC/13/096.07). Convenio AXI-Concello de Arteixo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

Antecedentes de feito:

O pasado 19 de decembro de 2014 asinouse un convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Arteixo para o traslado da pasarela peonil afectada polas obras de acondicionamento da conexión das estradas AC-552, AC-551 e DP-0509.

Posteriormente, o 31 de decembro de 2014, a Xunta de Goberno Local do Concello de Arteixo certifica o acordo do Pleno sobre a aprobación do proxecto de montaxe da pasarela peonil no Seixedo, segundo o estipulado na cláusula terceira do convenio de colaboración anteriormente mencionado.

Por este motivo, a Axencia Galega de Infraestruturas está a tramitar un decreto de utilidade pública cuxo proxecto ten por obxecto o traslado da pasarela peonil Agro, situada na rotonda do Seixedo, que foi retirada ao resultar afectada polas obras de acondicionamento da conexión das estradas antes mencionadas.

As obras recollidas no referenciado proxecto son necesarias para a montaxe dunha pasarela existente, gardada nun almacenamento temporal, nunha nova localización sobre a estrada AC-551, da cal, segundo o artigo 6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, constitúe un elemento funcional. Deste xeito restáurase a súa funcionalidade inicial.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Segundo o número 5 do artigo 22 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, a aprobación definitiva dos anteproxectos, proxectos de trazado ou proxectos de construción implica a declaración de utilidade pública, da necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras, os depósitos dos materiais sobrantes e os préstamos necesarios para executalas, sempre que veñan previstos no seu proxecto, así como para a traza de planta do proxecto e as modificacións deste que...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR