DECRETO 4/2015, do 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorVicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma de Galicia ten atribuída, de conformidade co disposto no artigo 27.21º do Estatuto de autonomía, a competencia exclusiva en materia de promoción e ordenación do turismo dentro da comunidade e, polo tanto, a potestade de regular o sector turístico no seu ámbito territorial.

A Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, recolle no título VII, referente á promoción e fomento do turismo, un capítulo específico sobre as medidas de promoción e fomento no cal se inclúe o artigo 93, que prevé a declaración de festas de interese turístico de Galicia e que sinala que a declaración se fará segundo se determine regulamentariamente en función, entre outros, da antigüidade, da singularidade e do arraigamento, así como das actividades promocionais que desenvolvan.

A Lei 7/2011, do 27 de outubro, valora positivamente as manifestacións de exaltación de tradicións, cultura, gastronomía, etnografía e calquera elemento que contribúa a mellorar a oferta lúdico-promocional de turismo de Galicia como os eventos deportivos, xa que son unha demostración da acollida, amabilidade e hospitalidade pola que Galicia é recoñecida no mundo.

Esta declaración estaba regulamentada no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaracións de festas de Galicia de interese turístico.

Este novo decreto recolle o espírito da norma anterior, vinculando as festas de interese turístico ás manifestacións populares de carácter cultural como instrumento de promoción turística; e mellora a súa calidade mediante unha regulación máis exixente, incrementando a antigüidade mínima para acreditar o arraigamento da festa e incorporando novos requisitos e criterios de valoración coa finalidade de conceder ás declaracións un recoñecemento e prestixio que se corresponda coa importancia da distinción de festa de interese turístico máis acorde cos tempos actuais.

A Administración turística da Xunta de Galicia entende que debe establecerse un marco normativo que regule e recoñeza os esforzos públicos e privados para celebrar eventos que constitúan un fortalecemento da nosa cultura como país, que sirvan de reclamo turístico e transmitan os valores e sensibilidades do pobo galego.

O outorgamento desta distinción pretende servir de estímulo para a constante mellora de cada sucesiva edición deste evento, polo que a Administración turística da Xunta de Galicia terá en consideración estes eventos tanto na planificación como nas súas accións promocionais.

Este decreto desenvolve a previsión legal, concretando os requisitos que deben cumprirse para optar á declaración de festa de interese turístico de Galicia, os seus efectos, así como o procedemento para a declaración, a súa vixencia e a perda da condición de festa de interese turístico de Galicia.

Corresponde ao Consello da Xunta de Galicia, logo da instrución do expediente pola Axencia Turismo de Galicia, a competencia para a declaración de festas de interese turístico de Galicia de acordo cos artigos 4 e 93 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

A súa estrutura consta de vinte e un artigos agrupados en catro capítulos, tres disposicións adicionais, dúas disposicións transitorias, unha derrogatoria e dúas disposicións derradeiras.

O decreto complétase cun anexo relativo ao procedemento para a solicitude de declaración de festa de interese turístico.

O capítulo I, baixo a rúbrica de «Disposicións xerais», recolle o seu obxecto, concepto e ámbito de aplicación.

O capítulo II establece os requisitos, efectos e vixencia da declaración.

O capítulo III regula a competencia e o procedemento, e o capítulo IV a perda da condición de festa de interese turístico de Galicia.

As disposicións adicionais primeira, segunda e terceira refírense respectivamente ao tratamento dos datos de carácter persoal por parte da axencia, á modificación de formularios co fin de mantelos actualizados de conformidade coa normativa vixente e aos modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa á disposición das persoas interesadas.

O réxime transitorio establece un período de dous anos para acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos neste decreto, salvo o da antigüidade, que non se exixirá. En canto aos expedientes de declaración en curso, establece un prazo de 3 meses desde a entrada en vigor do decreto para acreditar o seu cumprimento.

O presente decreto foi sometido ao preceptivo informe do Consello do Turismo de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, oído o Consello Consultivo e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión oito de xaneiro de dous mil quince,

DISPOÑO:

Capítulo IDisposicións xerais

Artigo 1 Obxecto e concepto
  1. Este decreto ten por obxecto regular os requisitos e os efectos da declaración de festas de interese turístico de Galicia, así como o procedemento, vixencia e a perda da condición de festa de interese turístico de Galicia.

  2. De acordo co previsto no artigo 93.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a Administración da Xunta de Galicia poderá declarar festas de interese turístico de Galicia aquelas manifestacións que supoñan unha valorización da cultura e das tradicións populares e que teñan unha especial importancia como atractivo turístico.

Artigo 2 Ámbito de aplicación

O ámbito de aplicación deste decreto é o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

CAPÍTULO IIRequisitos, efectos e vixencia da declaración

Artigo 3 Requisitos

A declaración efectuarase en función do cumprimento dos seguintes requisitos:

  1. Antigüidade: as manifestacións ou acontecementos de carácter festivo a que se refiran as peticións deberán ter no momento da solicitude unha antigüidade mínima de vinte anos. As súas celebracións efectuaranse periodicamente e en datas facilmente determinables.

    A antigüidade mínima poderá ser dispensada cando unha valoración conxunta dos requisitos e criterios recollidos na presente regulamentación así o aconsellen, pero en ningún caso poderá ter unha antigüidade menor de quince anos.

  2. Singularidade: as festas de que se trate deberán conter aspectos orixinais e de calidade que as singularicen respecto a outras similares que poidan ter lugar noutras localidades. Valorarase especialmente que sexa un reflexo da idiosincrasia da zona e poboación local e que, desde o respecto á tradición e costumes que a fan única, presente innovacións nas edicións sucesivas que contribúan a enxalzar máis o evento.

  3. Arraigamento: elementos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR