DECRETO 42/2018, do 12 de abril, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno do treito de concentración de accidentes na estrada AC-550, punto quilométrico 80+400, coa clave AC/17/092.06 6, no concello de Porto do Son.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes.

Primeiro. Con data do 21 de novembro de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 221) o Anuncio do 6 de novembro de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno do treito de concentración de accidente na estrada AC-550, p.q. 80+400, coa clave AC/17/092.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise das alegacións, certificados e informes presentados, o 23 de marzo de 2018 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno do treito de concentración accidentes na estrada AC-550, p.q. 80+400, coa clave AC/17/092.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto a creación dunha glorieta no p.q. 80+400 co cruzamento da travesía da Igrexa, transformando a intersección a nivel existente, de notable accidentalidade, nunha glorieta coas características adecuadas, así como a urbanización da zona comprendida entre o trazado da estrada actual e o antigo trazado da AC-550 (espazo funcional da estrada).

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR