DECRETO 46/2016, do 14 de abril, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado de mellora da seguridade viaria do acceso do polígono de Sequeiros no p.q. 8+250 da estrada PO-531 (concello de Barro), de clave PO/16/002.06.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

O 17 de febreiro de 2016 publícase no Diario Oficial de Galicia (núm. 32) o Anuncio do 5 de febreiro de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de mellora da seguridade viaria do acceso do polígono de Sequeiros no p.q. 8+250 da estrada PO-531 (concello de Barro), de clave PO/16/002.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Posteriormente e tras a análise dos informes e certificacións presentadas, o 31 de marzo de 2016 asínase a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado de mellora da seguridade viaria do acceso do polígono de Sequeiros no p.q. 8+250 da estrada PO-531 (concello de Barro), de clave PO/16/002.06.

O mencionado proxecto de trazado ten por obxecto a construción dunha glorieta na estrada PO-531, á altura do p.q. 8+250, así como dos ramais de conexión. Prevese tamén a execución de beirarrúas, habilitación de zonas para o bus, reforzo do firme, renovación da drenaxe lonxitudinal, reposición e mellora da iluminación pública e a reposición da sinalización viaria e barreiras de seguridade.

A xustificación da urxencia de ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución desta actuación vén motivada porque, na vía obxecto do proxecto, a estrada PO-531 (Pontevedra-Baión), existen situacións de risco e de inseguridade viaria, ao tratarse dunha zona cunha intensidade media de tráfico moi alta e densamente poboada.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR