DECRETO 5/2018, do 18 de xaneiro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción Mellora da seguridade viaria na OU-105-Seixalbo, de clave OU/16/247.06, no concello de Ourense.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 31 de xullo de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia nú. 144 o Anuncio do 19 de xullo de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública, en materia de expropiacións, a relación de bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto de construción Mellora da seguridade viaria na OU-105-Seixalbo, de clave OU/16/247.06.

Segundo. Durante todo o trámite de información pública presentáronse alegacións e certificados e procedeuse á súa valoración.

Terceiro. Despois da análise das alegacións e certificados presentados, o 15 de decembro de 2017 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción Mellora da seguridade viaria na OU-105-Seixalbo, de clave OU/16/247.06.

Este proxecto ten por obxecto realizar as actuacións necesarias de mellora da seguridade viaria na estrada OU-105, no concello de Ourense, na zona de Seixalbo, mediante a reordención da sección transversal, para unha optimización da circulación de peóns, bicicletas e tráfico rodado.

A competencia para a execución da expropiación forzosa no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR