DECRETO 50/2021, do 11 de marzo, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DO MAR
Rango de LeyDecreto

Mediante o Decreto 110/2020, do 6 de setembro, estableceuse a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, tendo en conta os criterios de eficacia e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa. Posteriormente, o Decreto 130/2020, do 17 de setembro, fixou a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.

Este último decreto recolle, respecto da Consellería do Mar, a mesma estrutura e denominación dos órganos de dirección que xa aparece recollida no actual Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Mar. Esta disposición foi obxecto dunha importante modificación no ano 2018, o que motiva, xunto coa necesidade de mellorar a estrutura orgánica e funcional necesaria para o cumprimento das funcións que se lle atribúen á consellería, a aprobación dun novo decreto.

As novidades introducidas neste decreto resúmense principalmente nos aspectos que se salientan a seguir. Por un lado, defínense de xeito mais preciso as funcións do Servizo de Protección de Recursos dependente da Subdirección Xeral de Gardacostas. Tamén se crea unha subdirección xeral con dependencia directa da persoa titular da consellería a que lle corresponderán fundamentalmente as funcións de verificación das operacións financiadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Desta forma garántese a necesaria separación de funcións ente os organismos xestores do gasto e o equipo que realiza a súa verificación. Ata o momento estes labores de verificación eran realizados polo Servizo de Coordinación e Control de Fondos dependente da Subdirección Xeral de Innovación Tecnolóxica da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica. Coa creación desta subdirección xeral, que asume estes labores, garántese de forma nítida a separación de funcións tanto orgánica como funcionalmente. Pero esta subdirección xeral non se crea unicamente para exercer as funcións de verificación de operacións financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca de cara á súa certificación. Ao longo da execución dos distintos programas operativos dos fondos europeos destinados á pesca, tense comprobado a conveniencia de contar cun órgano que coordine a actuación dos distintos organismos intermedios de xestión con que conta a Consellería do Mar na xestión dos programas operativos. Esta nova subdirección xeral terá entre as súas atribucións as de coordinar a actuación destes organismos e colaborar con eles, tanto na planificación dos programas operativos como no seu seguimento e control.

Introdúcese tamén unha serie de cambios na Secretaría Xeral Técnica e na Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, a nivel organizativo e competencial.

Polo que se refire á organización dos servizos periféricos, modifícase o ámbito das xefaturas territoriais da Coruña e Celeiro, para facer unha repartición máis racional do traballo que desenvolverá cada unha delas, e adáptanse a denominación e as funcións dos servizos con que contan á estrutura das direccións xerais dos servizos centrais.

Así pois, a nova estrutura plasmada neste decreto xorde como consecuencia da necesidade de afondar na mellora continua das estruturas administrativas, co fin de acadar o máximo nivel de calidade na prestación dos servizos públicos.

Por último, o decreto axústase aos principios de boa regulación contidos no artigo 129 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 37.a) da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico de Galicia. En concreto, cumpre cos principios de necesidade e eficacia, pois trátase dun instrumento necesario e axeitado para servir o interese xeral e a efectiva execución das políticas públicas da Xunta de Galicia nas materias responsabilidade da Consellería do Mar. É proporcionado no cumprimento deste propósito, pois non existe outra alternativa para desenvolver a estrutura orgánica da consellería. En canto aos principios de seguridade xurídica, transparencia e eficiencia, o decreto adecúase a eles, pois é coherente co resto do ordenamento xurídico, identifica o seu propósito e del non derivan novas cargas administrativas.

Na súa virtude, por proposta da conselleira do Mar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de marzo de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Ámbito competencial e organización xeral da Consellería do Mar

Artigo 1 Competencias

A Consellería do Mar é o órgano da Administración galega ao cal, baixo a superior dirección da persoa titular do departamento, lle corresponde propor e executar as directrices xerais do Goberno en materia de ordenación pesqueira en augas interiores, marisqueo, acuicultura, confrarías de pescadores/as e demais organizacións e asociacións dos/das profesionais do sector, industrias pesqueiras e conserveiras, establecementos de almacenamento, manipulación, vendas e transformación do peixe e ensinanzas marítimo-pesqueiras, náutico-deportivas e mergullo, cooperación pesqueira interinstitucional e co exterior, salvamento marítimo, loita contra a contaminación e planificación e actuacións portuarias, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e segundo os termos sinalados pola Constitución española, sen prexuízo das competencias que lles poidan corresponder aos outros organismos da Comunidade Autónoma.

Artigo 2 Estrutura da consellería
  1. Para o exercicio das súas funcións, a Consellería do Mar estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección:

    1. A persoa titular da Consellería do Mar.

    2. A Secretaría Xeral Técnica.

    3. A Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

    4. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

  2. Quedan adscritas á Consellería do Mar as entidades públicas instrumentais do sector público autonómico:

    1. O ente público Portos de Galicia.

    2. O ente público Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

    TÍTULO II

    Servizos centrais

    CAPÍTULO I

    A persoa titular da Consellería do Mar

Artigo 3 A persoa titular da consellería

A persoa titular da Consellería do Mar é a autoridade superior da consellería e con tal carácter está investida das atribucións que lle asignan as normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

Artigo 4 Estrutura

Baixo a dependencia directa da persoa titular da consellería atópanse os seguintes órganos:

  1. Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.

  2. Subdirección Xeral de Planificación, Seguimento e Verificación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Artigo 5 Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia
  1. A Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia exercerá de maneira directa, ou a través das unidades administrativas que nela se integran, as seguintes funcións:

    1. A coordinación das competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña.

    2. A elaboración do plan de continxencias por contaminación mariña accidental.

    3. A prevención da contaminación mariña.

    4. As funcións de programación, planificación e control das accións de vixilancia e inspección, sen prexuízo das competencias doutros departamentos da Xunta de Galicia, tanto no sector extractivo como nos centros de comercialización e establecementos de produción, transformación e consumo, así como no transporte dos produtos en xeral.

    5. Cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia.

  2. A Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia estrutúrase nas seguintes unidades administrativas, con nivel orgánico de servizo:

    2.1. Servizo de Protección de Recursos.

    Correspóndenlle a este servizo as seguintes funcións:

    1. A verificación das actividades extractivas, de comercialización, de transporte, de almacenaxe e de transformación ata a persoa consumidora final dos produtos do mar, consonte a normativa de aplicación en vigor.

    2. O control das actividades de acuicultura en zona marítima, terrestre e marítimo-terrestre.

    3. A vixilancia e control das actividades relacionadas coa pesca marítima de lecer e inmersións, segundo a normativa en vigor.

    4. Cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia.

      2.2. Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.

      Correspóndenlle a este servizo as seguintes funcións:

    5. A coordinación das competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña.

    6. A elaboración do plan de continxencias por contaminación mariña accidental.

    7. A planificación de actividades de prevención da contaminación mariña.

    8. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados pola persoa titular da consellería en razón da súa competencia.

      2.3. Servizo de Inspección e Control dos Recursos.

      Sen prexuízo das competencias propias doutros órganos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, correspóndenlle a este servizo as seguintes funcións:

    9. O fomento e a protección da saúde pública, da seguridade ao longo da cadea alimentaria e, en especial, da fauna silvestre e do propio ambiente, das producións e dos recursos xenéticos dos animais acuáticos.

    10. A sanidade de animais acuáticos e establecementos de acuicultura.

    11. A protección de recursos, especialmente no que atinxe a tamaños mínimos, zonas e épocas de veda e topes de captura.

    12. O control da cadea alimentaria, tanto na produción primaria como na transformación, no almacenamento e na distribución.

    13. A...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR