DECRETO 51/2019, do 9 de maio, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de fomento da mobilidade sustentable, senda na LU-621, treito A Pobra de San Xiao-Urbanización de Valdriz, coa clave LU/16/251.06, no concello de Láncara.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Mobilidade
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia núm. 192, do 8 de outubro de 2018, publicouse o Anuncio do 1 de outubro de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de fomento da mobilidade sustentable, senda na LU-621, treito A Pobra de San Xiao-Urbanización de Valdriz, coa clave LU/16/251.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise das alegacións, informes e certificados presentados, o 24 de abril de 2019 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de fomento da mobilidade sustentable, senda na LU-621, treito A Pobra de San Xiao-Urbanización de Valdriz, coa clave LU/16/251.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto a execución dunha senda compartida peón-bici, pola marxe esquerda da estrada LU-621, desde o punto quilométrico 0+580 ao 1+040, no concello de Láncara, cunha lonxitude total de actuación de 460 metros.

Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar da economía, do patrimonio e do urbanismo.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR