DECRETO 59/2015, do 16 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2015.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, e o Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevén a convocatoria periódica de procedementos de selección de persoal estatutario fixo que garantan os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade no seu acceso.

As necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que se deban prover mediante a incorporación de persoal de novo ingreso serán obxecto da oferta de emprego público, que aprobarán os órganos de goberno das administracións públicas e que, como instrumento de xestión da provisión das necesidades de persoal, poderá conter, ademais, medidas derivadas da planificación de recursos humanos, tal e como así se dispón no artigo 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

O artigo 13 da Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, dispón que durante este ano non se procederá á incorporación de novo persoal no sector público, agás a que poida derivar da execución de procesos selectivos correspondentes á oferta de emprego público de exercicios anteriores.

Non obstante, a lei excepciona da aplicación desta limitación os sectores cualificados pola normativa básica como de carácter prioritario ou que afecten o funcionamento dos servizos públicos esenciais, entre os cales se inclúen os hospitais e centros de saúde do Sistema nacional de saúde, en que a taxa de reposición se establece ata un máximo do 50 %.

Ao concorreren a necesidade e prioridade de incorporar novos/as profesionais ás institucións sanitarias, pola condición de servizo público esencial da actividade que realizan, cómpre iniciar un novo procedemento de selección de persoal estatutario fixo, coa aprobación do decreto previo e preceptivo de oferta de emprego público.

Para o cómputo das prazas ofertadas tívose en consideración a aplicación da porcentaxe da taxa de reposición fixada pola normativa orzamentaria.

Na súa virtude, por proposta da persoa titular da Consellería de Sanidade, tras a negociación coa representación sindical no ámbito da Mesa sectorial de negociación do persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de abril de dous mil quince,

DISPOÑO:

Artigo 1 Aprobación da oferta de emprego público

De conformidade co disposto no artigo 13.8 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, no artigo 13 da Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, así como no artigo 21, números un e dous da Lei 36/2014, do 26 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2015, apróbase a oferta de emprego público de diversas categorías de persoal estatutario sanitario das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde para o ano 2015 nos termos que se establecen neste decreto.

Artigo 2 Cuantificación da oferta de emprego público

Na oferta de emprego público inclúense as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que se deban prover mediante a incorporación de persoal de novo ingreso e mediante a promoción profesional.

A distribución realizarase de conformidade co disposto no articulado e no anexo deste decreto.

Artigo 3 Sistema de selección

De conformidade co establecido no artigo 6.1 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, o sistema de selección será o de concurso-oposición.

Artigo 4 Órganos de selección
  1. A composición dos órganos de selección será paritaria para o conxunto da oferta de emprego público do Servizo Galego de Saúde, tanto se se trata do acceso ao emprego como se se trata de promoción interna, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes, modificado pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres en Galicia.

  2. De conformidade co establecido no artigo 60 da Lei 7/2007, do 12 de abril, a pertenza aos órganos de selección será sempre a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR