DECRETO 61/2017, do 22 de xuño, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-325, Navia (punto quilométrico 0+000-1+700), no concello de Vigo (clave PO/16/056.06).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Con data do 5 de abril de 2017 aprobouse provisionalmente, mediante resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-325, Navia (p.q. 0+000-1+700), de clave PO/16/056.06.

Con data do 20 de abril de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 76 o Anuncio do 6 de abril de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-325, Navia (p.q. 0+000-1+700), de clave PO/16/056.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto de referencia.

Posteriormente, e tras a análise dos informes e certificacións presentadas, o 12 de xuño de 2017 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-325, Navia (p.q. 0+000-1+700), de clave PO/16/056.06.

O dito proxecto construtivo ten por obxecto a execución dun itinerario mixto (peonil e ciclista) entre os p.q. 0+000-1+700 da estrada PO-325, en Navia (concello de Vigo), coa finalidade de fomentar a mobilidade sustentable, a conectividade e accesibilidade no treito considerado, e incrementar a seguridade viaria.

A senda considerada executarase pola marxe esquerda da estrada PO-325 na súa maior parte, aínda que algún treito da mesma vai pola marxe dereita, e será de formigón coloreado, cun ancho mínimo de 1,8 m e un bordo delimitador que permitirá a súa separación da calzada. Naquelas zonas onde exista espazo suficiente, executarase tamén unha zona axardinada de 0,5 m de ancho e unha cuneta de seguridade de 1,2 m de anchura.

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións complementarias á execución da senda e que son necesarias para garantir a súa funcionalidade:

– Reposición e ampliación da drenaxe existente. Execución de cunetas para dar continuidade á drenaxe lonxitudinal.

– Execución, baixo a senda, dun prisma de servizos para futuras canalizacións.

– Reposición da sinalización horizontal e mellora e recuamento da sinalización vertical.

– Colocación de proteccións peonís e reposición dos sistemas de contención e balizamentos.

– Reposición de servizos públicos e privados.

A...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR