DECRETO 63/2019, do 29 de maio, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-163 en Fontán (puntos quilométricos 1+280-1+840) e na AC-182, treito Mandín-As Torres (puntos quilométricos 2+460-2+860), no concello de Sada (clave AC/16/094.06).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Mobilidade
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. O día 6 de setembro de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 170) o Anuncio do 29 de agosto de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-163 en Fontán (puntos quilométricos 1+280-1+840) e na AC-182, treito Mandín-As Torres (puntos quilométricos 2+460-2+860), de clave: AC/16/094.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise do informe e os certificados presentados, o 23 de abril de 2019 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-163 en Fontán (puntos quilométricos 1+280-1+840) e na AC-182, treito Mandín-As Torres (puntos quilométricos 2+460-2+860), de clave: AC/16/094.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto a execución dunha senda nas estradas AC-163 e AC-182, nos municipios de Sada e Oleiros, cuns beneficios esperados, entre outros, como a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar da economía, do patrimonio e do urbanismo.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR