DECRETO 64/2015, do 16 de abril, polo que se establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é de competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia o regulamento e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do artigo 81 daquela, a desenvolvan, das facultades que lle atribúe ao Estado o número 30 do punto 1 do artigo 149 da Constitución e da alta inspección precisa para o seu cumprimento e a súa garantía.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, dispón no seu artigo 64.5 que o Goberno, logo de consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de ensinanzas deportivas, os aspectos básicos do currículo de cada unha delas e os requisitos mínimos dos centros en que se poderán impartir as ensinanzas respectivas.

O Real decreto 878/2011, do 24 de xuño, establece o título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo e fixa as súas ensinanzas mínimas e os requisitos de acceso, de conformidade co Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, que regula a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial no sistema educativo, e define no artigo 4 a estrutura das ensinanzas deportivas, tomando como base as modalidades deportivas e, de ser caso, especialidades, de conformidade co recoñecemento outorgado polo Consello Superior de Deportes, de acordo co artigo 8.b) da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte.

O citado Real decreto 878/2011, do 24 de xuño, concreta no capítulo III o perfil profesional do devandito título, que inclúe a competencia xeral, as competencias profesionais, persoais e sociais, as cualificacións e as unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título, e o ámbito profesional, laboral e deportivo.

Logo de que o Goberno fixase no Real decreto 878/2011, do 24 de xuño, o perfil profesional do título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo, as súas ensinanzas mínimas e os outros aspectos da ordenación académica que constitúen os aspectos básicos do currículo, procede determinar, no ámbito de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a ampliación e a contextualización dos contidos dos módulos de ensinanza deportiva incluídos nos ciclos inicial e final, respectando os seus perfís profesionais.

Por outra parte, os centros de ensinanzas deportivas desenvolverán os currículos establecidos neste decreto co obxecto de adaptar a programación e a metodoloxía do currículo ás características do alumnado e ás posibilidades formativas do seu contorno, empregando, de ser o caso, as medidas flexibilizadoras que, no marco da normativa que regula a organización dos centros, posibiliten adecuacións particulares do currículo en cada centro de acordo cos recursos dispoñibles, sen que en ningún caso supoña a supresión de obxectivos que afecten o perfil profesional do ciclo.

As ensinanzas que regula este decreto configuráronse para dotar o alumnado dos coñecementos suficientes para lle permitir o exercicio competente das súas funcións. De acordo con este obxectivo xenérico, ponse o acento en lograr unha formación completa, cun equilibrio entre o carácter teórico e o práctico, de maneira que o proceso de formación se vincule á realidade científico-técnica e social do salvamento e o socorrismo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, logo do ditame do Consello Escolar de Galicia, de acordo co Consello Consultivo e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de abril de dous mil quince,

DISPOÑO:

CAPÍTULO IObxecto

Artigo 1 Obxecto
  1. Este decreto establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo, que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia.

  2. De conformidade co establecido no Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, os elementos recollidos no presente decreto non constitúen regulación do exercicio de profesión titulada ningunha.

CAPÍTULO IIIdentificación do título e organización das ensinanzas

Artigo 2 Identificación do título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo

O título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo queda identificado polos seguintes elementos:

  1. Denominación: Salvamento e Socorrismo.

  2. Nivel: ensinanzas deportivas de grao medio.

  3. Duración: 1.155 horas.

  4. Referente europeo: CINE-3 (Clasificación Internacional Normalizada de Educación).

Artigo 3 Organización das ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo

As ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo organízanse en dous ciclos:

  1. Ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo, cunha duración de 495 horas.

  2. Ciclo final de grao medio en Salvamento e Socorrismo, cunha duración de 660 horas.

Artigo 4 Especializacións do título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo

O título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo terá como especializacións:

  1. Autosalvamento.

  2. Salvamento e socorrismo adaptado.

  3. Seguridade no ámbito natural.

  4. Seguridade nas instalacións acuáticas.

  5. Salvamento e socorrismo en probas de augas abertas.

  6. Salvamento e socorrismo en probas de piscina.

CAPÍTULO IIIPerfil profesional e contorno profesional, persoal e laboral deportivo dos ciclos

Artigo 5 Perfil profesional dos ciclos de grao medio en Salvamento e Socorrismo

O perfil profesional dos ciclos inicial e final de grao medio en Salvamento e Socorrismo queda determinado pola súa competencia xeral, polas súas competencias profesionais, persoais e sociais, e pola relación de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título e o ámbito profesional, laboral e deportivo.

Artigo 6 Competencia xeral do ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo

A competencia xeral do ciclo inicial de grao medio en Salvamento e Socorrismo consiste en dinamizar, instruír, dirixir e concretar a iniciación ao ambiente acuático e a iniciación deportiva en salvamento e socorrismo, en organizar, acompañar e tutelar os/as socorristas durante a súa participación en actividades, competicións e eventos propios deste nivel, todo iso consonte as directrices establecidas na programación de referencia. Consiste tamén en establecer as medidas de prevención e rescate necesarias para velar pola seguridade das persoas usuarias en piscinas e instalacións acuáticas, intervindo de xeito eficaz mediante a axuda ou o rescate en caso de accidente, actuando co nivel óptimo de calidade que permita a satisfacción dos/das socorristas e das...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR