DECRETO 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación pola Axencia Galega de Innovación de persoal investigador baixo a modalidade de persoal investigador distinguido.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería de Economía, Emprego e Industria
Rango de LeyDecreto

A evolución producida nos últimos anos no marco da investigación e da innovación fai necesario un cambio normativo en prol de acadar un maior impulso neste ámbito, para favorecer a transferencia e posta en valor dos resultados da actividade investigadora e potenciar o crecemento e consolidación profesional do persoal investigador.

No ámbito autonómico, elaborouse a Lei 5/2013, do 30 de xuño, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, que regula o marco para o fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico, da transferencia e valorización de resultados e de innovación en Galicia en todas as súas vertentes, así como da súa xestión eficiente. A norma regula no seu capítulo III o Plan galego de investigación e innovación como instrumento fundamental de planificación e coordinación das políticas en materia de investigación, transferencia, valorización e innovación en Galicia. A disposición transitoria da Lei 5/2013 dispón que o Plan de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (en diante, I2C) se manterá vixente como Plan de investigación e innovación de Galicia e determina que para os efectos de seguimento e revisión se aplicará o previsto na sección 2ª do capítulo III da devandita lei mentres este plan estea vixente.

O Plan I2C inclúe dentro do eixo estratéxico 1 (xestión do talento), actuacións orientadas a apoiar a carreira investigadora e a consolidación do persoal investigador co fin de dispor das capacidades necesarias para acadar os obxectivos marcados no plan.

No ámbito estatal, a Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, tecnoloxía e a innovación (en diante Lei 14/2011, do 1 de xuño) establece un marco de coordinación xeral da investigación científica e técnica. Esta norma regula o persoal investigador ao servizo das universidades públicas, dos organismos públicos de investigación da Administración xeral do estado e dos organismos de investigación doutras administracións públicas, nos artigos 16, 17, 18, 20, 21, 22 e 23, e disposición adicional décimo sexta que, consonte a súa disposición derradeira novena, teñen carácter básico. Esta lei outorga aos organismos públicos de investigación a capacidade de contratación de persoal investigador e establece as distintas modalidades de contrato de traballo específicas que aplicarán.

Por outra banda, a Lei 14/2007, de 3 de xullo, de investigación biomédica, no seu artigo 83.4, fai referencia á participación dos organismos públicos de investigación dependentes das comunidades autónomas na execución da investigación biomédica, e autoriza, no número 5 do mesmo artigo, os ditos organismos para contrataren persoal científico, expertos e expertas en desenvolvemento tecnolóxico e outro persoal especialista relacionado coas actividades de I+D, para colaborar na execución das actividades de investigación de desenvolvemento tecnolóxico.

A Axencia Galega de Innovación (en diante GAIN), dada a súa condición de organismo público de investigación tal e como establece a Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, poderá contratar persoal investigador en réxime laboral mediante as modalidades contractuais recollidas na Lei 14/2011, do 1 de xuño.

Como axente impulsor das políticas de xeración, captación, retención e recuperación de talento investigador en Galicia, a GAIN definiu o programa Oportunius, para a creación dun marco laboral flexible para o persoal investigador, baseado no logro e mantemento da excelencia científica e orientado a dar resposta ás prioridades rexionais definidas na Estratexia de especialización intelixente de Galicia (en diante, RIS3).

Unha das iniciativas do programa enfócase cara á captación, retención e recuperación de persoal investigador de traxectoria destacada e excelencia recoñecida, a través da cal a GAIN ofrece un contrato laboral a aqueles investigadores/as beneficiarios/as dunha bolsa do European Research Council (en diante, ERC), para que os ditos investigadores desenvolvan a súa actividade nunha institución pública de investigación de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, de acordo co Consello Consultivo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e seis de maio de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Obxecto e ámbito de aplicación

Artigo 1 Obxecto

O presente decreto ten por obxecto establecer o réxime de contratación pola GAIN de persoal investigador baixo a modalidade de investigador distinguido, así como o seu proceso de selección, os seus dereitos e obrigacións e o réxime de extinción do seu contrato.

Artigo 2 Ámbito de aplicación
  1. Este decreto será de aplicación ao persoal investigador contratado pola GAIN que no momento da formalización do contrato de traballo estea en posesión dunha bolsa do ERC.

  2. O persoal investigador contratado pola GAIN rexerase polo disposto na Lei 14/2011, do 1 de xuño, no texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, nas súas normas de desenvolvemento e polo disposto no presente decreto.

TÍTULO II

Réxime de contratación do persoal investigador

CAPITULO I

Disposicións xerais

Artigo 3 Réxime xurídico

A GAIN contratará persoal investigador en réxime laboral, atendendo á modalidade contractual de investigador distinguido, recollido no artigo 23 da Lei 14/2011, do 1 de xuño.

Artigo 4 Autorización para contratar

Con carácter previo á formalización dos contratos serán precisas as autorizacións que para este tipo de contratos establezan as leis anuais de orzamentos da Comunidade Autónoma.

Artigo 5 Obxecto do contrato

O traballo que se desenvolverá consistirá na realización de actividades de investigación ou a dirección de equipos humanos, centros de investigación, instalacións e programas científicos e tecnolóxicos singulares de gran relevancia no ámbito do coñecemento de que se trate, no marco das funcións e obxectivos da GAIN.

Artigo 6 Duración do contrato

O contrato terá duración determinada e a rescisión e mantemento do contrato supeditaranse aos resultados derivados do proceso de avaliación establecido no artigo 14 do presente decreto.

Artigo 7 Extinción do contrato
  1. O contrato poderá extinguirse polas causas establecidas no Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR