DECRETO 64/2018, do 7 de xuño, polo que se modifica o Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DO MAR
Rango de LeyDecreto

A Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, modificou o artigo 15, número 3, da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia, para eliminar un dos principais obstáculos que impedían ata o momento avanzar nos procesos de fusión de confrarías, como era a perda da titularidade das concesións e autorizacións administrativas que para o exercicio das actividades de marisqueo e cultivos mariños puidesen ter as confrarías fusionadas. Tras esta modificación, a fusión xa non dará lugar á extinción de tales concesións ou autorizacións senón á subrogación na súa titularidade por parte da nova confraría resultante da fusión, efecto que debe recollerse no artigo 64, número 2, do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, no que se regulan as consecuencias da fusión de confrarías. Tamén se modifica a letra a) do número 2 do artigo 65, co fin de adecuar o seu inciso final á nova redacción daquel precepto legal.

De igual xeito, coa finalidade de lograr unha maior claridade e coherencia interna na regulación da presidencia e da secretaría dos órganos colexiados da federación, suprímese o primeiro parágrafo do artigo 73 dado que semella diferenciar entre a presidencia e a secretaría da xunta xeral e do comité executivo, cando, de conformidade co resto do articulado, se desprende que o presidente/a e o secretario/a da federación, elixidos e destituídos pola xunta xeral, presiden as sesións e redactan a acta das ditas sesións, non só das da xunta xeral senón tamén das do comité executivo.

Así mesmo, para resolver as dúbidas xurdidas respecto do procedemento de provisión da secretaría nos órganos colexiados das federacións de confrarías, modifícase o artigo 75 do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, co fin de recoller expresamente no dito artigo unha remisión á regulación do procedemento de provisión da secretaría das confrarías.

Por outra parte, o Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, recolle no seu capítulo IX as disposicións que rexen o procedemento electoral para a constitución ou renovación dos órganos das confrarías de pescadores e as súas federacións. Dentro destas disposicións regúlase a administración electoral, da cal forma parte a xunta electoral, única para toda Galicia, contemplada no artigo 85. Na súa redacción actual, a presidencia da xunta electoral recae na persoa titular do órgano superior competente en materia de organización sectorial da consellería con competencias en materia pesca. Con posterioridade á publicación do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, aprobouse o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Mar, o que leva a necesidade de adecuar a composición...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR