DECRETO 65/2017, do 6 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2017/18.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyDecreto

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, establece no seu artigo 81.3.b), na redacción dada polo Real decreto lei 14/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo, que os prezos públicos por estudos conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional serán fixados por cada comunidade autónoma, dentro dos límites que estableza a Conferencia Xeral de Política Universitaria, e estarán relacionados cos custos de prestación do servizo nos termos e porcentaxes que o dito artigo especifica.

Para os restantes estudos, os prezos públicos serán fixados polo consello social da respectiva universidade, segundo o disposto no artigo 81.3.c) da citada lei orgánica, e no artigo 75.3.f) da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia.

A disposición adicional quinta da Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos, outórgalles aos referidos importes a consideración de prezos públicos. Pola súa parte, a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, logo de definir no seu artigo 43 o concepto de prezos públicos dispón, no seu artigo 47, que estes deberán ser regulados por norma con rango de decreto.

Neste contexto normativo, o presente decreto fixa os importes que deberá aboar o alumnado polos estudos universitarios conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, correspondentes ao curso 2017/18, tendo en conta o custo estimado dos servizos académicos, así como a diferenza entre o prezo da primeira matrícula fronte ao prezo da segunda, terceira, cuarta e sucesivas matrículas, e ao abeiro do establecido no artigo 47 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Co obxecto de atenuar o esforzo do alumnado e as súas familias, unha vez aplicadas as regras fixadas para o cálculo pola normativa estatal, o presente decreto mantén os mesmos prezos públicos do curso 2016/17 co fin de favorecer o acceso aos estudos universitarios evitando posibles exclusións debidas a razóns económicas.

Na súa virtude, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria tras o informe do Consello Galego de Universidades, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de xullo de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

Artigo 1 Obxecto
  1. O obxecto do presente decreto é fixar, para o curso 2017/18, os prezos públicos que hai que satisfacer polos servizos académicos e administrativos por estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional impartidos polas universidades do Sistema universitario de Galicia e os seus centros adscritos, e que serán aboados segundo as normas que se establecen nos seguintes artigos e nas contías sinaladas no anexo deste decreto.

  2. O importe dos prezos por estudos conducentes a títulos ou diplomas que non teñan carácter oficial será fixado nas universidades galegas polo respectivo consello social, de conformidade co establecido no artigo 81.3.c) da Lei orgánica 6/2001, de universidades, e no artigo 75.3.f) da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia.

Artigo 2 Prezos públicos
  1. Ensinanzas de grao. Os prezos públicos que serán aboados pola matrícula son os establecidos no número 1 da tarifa primeira do anexo. A liquidación dos prezos farase en función do número de créditos en que se realice a matrícula.

  2. Ensinanzas de máster que habiliten para o exercicio de actividades profesionais reguladas en España segundo o establecido na normativa estatal e europea aplicable e análogos. Os prezos públicos que serán aboados pola matrícula son os establecidos no número 2 da tarifa primeira do anexo. A liquidación dos prezos farase en función do número de créditos en que se realice a matrícula.

  3. Ensinanzas de máster non comprendidas no punto anterior. Os prezos públicos que serán aboados pola matrícula son os establecidos no número 3 da tarifa primeira do anexo. A liquidación dos prezos farase en función do número de créditos en que se realice a matrícula.

  4. Programas oficiais de doutoramento. Os prezos públicos que se aboarán pola matrícula en programas de doutoramento son os establecidos no número 4 da tarifa primeira do anexo, en concepto de tutela académica.

  5. A universidade establecerá, mediante resolución reitoral debidamente motivada, os prezos que aboará pola matrícula en estudos de grao, máster e doutoramento o alumnado estranxeiro maior de dezaoito anos, que non teña a condición de residente, excluídos/as os/as nacionais de Estados membros da Unión Europea e aqueles/as a quen sexa de aplicación o réxime comunitario. Estes prezos oscilarán entre o 25 % e o 100 % do custo de referencia fixado para cada unha das epígrafes da tarifa primeira do anexo deste decreto.

Artigo 3 Centros adscritos

O alumnado dos centros adscritos aboaralle á universidade, en concepto de expediente académico e de proba de avaliación, o 25 % dos prezos establecidos na tarifa primeira do anexo, sen prexuízo do establecido no correspondente convenio que o dito centro teña asinado coa respectiva universidade. Os demais prezos aboaranse na contía íntegra prevista.

Artigo 4 Adaptación a novos plans de estudo, validación de estudos, recoñecemento e transferencia de créditos e acreditación de competencias nos programas correspondentes a estudos universitarios
  1. A adaptación de estudos, regulada polo Acordo do 25 de outubro de 2004, do Consello de Coordinación Universitaria, polo que se establecen os criterios xerais a que se axustarán as universidades en materia de validación e adaptación de estudos, é o acto administrativo polo que se recoñece validez académica aos estudos conducentes á obtención dunha mesma titulación oficial e cursados consonte un plan de estudos. Esta adaptación será gratuíta se provén de centros públicos. No caso de centros non públicos ou centros estranxeiros, o/a alumno/a aboará á universidade de destino o 25 % dos prezos establecidos na tarifa primeira do anexo.

  2. A validación de estudos, regulada polo Acordo do 25...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR