DECRETO 65/2018, do 31 de maio, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado e construción da reordenación do sistema viario do núcleo das Pontes de García Rodríguez para o cumprimento da central térmica da Directiva 2010/75/UE, sobre emisións industriais, de clave AC/16/248.01, no concello das Pontes de García Rodríguez.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. O día 6 de abril de 2017 asínase o convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, a Consellería de Facenda e Endesa Generación, S.A., de reordenación do sistema viario do núcleo das Pontes de García Rodríguez para o cumprimento por parte da central térmica da Directiva 2010/75/UE; onde Endesa Generación se compromete a asumir o custo das obras e a Axencia Galega de Infraestruturas e a Consellería de Facenda a impulsar a actuación.

Segundo. En desenvolvemento do convenio asinado, mediante Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 5 de xuño de 2017, aprobouse provisionalmente o proxecto de trazado da reordenación do sistema viario do núcleo das Pontes de García Rodríguez, para o cumprimento por parte da central térmica da Directiva 2010//75/UE, sobre emisións industriais, de clave AC/16/248.01.

Terceiro. O día 13 de xuño de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 111, o Anuncio do 6 de xuño de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado da reordenación do sistema viario do núcleo das Pontes de García Rodríguez, para o cumprimento por parte da central térmica da Directiva 2010//75/UE, sobre emisións industriais, de clave AC/16/248.01, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Cuarto. Por Resolución do 14 de setembro de 2017 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formula o informe de impacto ambiental, en cumprimento do artigo 47 da Lei 21/2013, de avaliación ambiental, determinando que o proxecto non é previsible que xere efectos significativos sobre o ambiente e, por tanto, non se considera necesario sometelo á avaliación de impacto ambiental ordinaria.

Quinto. O 29 de setembro de 2017 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emite informe onde non se formulan obxeccións ao proxecto de trazado, e se entende que as modificacións propostas teñen cabida na lexislación urbanística vixente, segundo a Lei 2/2016, do solo de Galicia, e o Decreto 143/2016, polo que se aproba o seu regulamento.

Sexto. Despois da análise dos certificados, informes e alegacións presentados, o 2 de outubro de 2017 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado da reordenación do sistema viario do núcleo das Pontes de García Rodríguez para o cumprimento da central térmica da Directiva 2010/75/UE, sobre emisións industriais, de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR