DECRETO 65/2019, do 6 de xuño, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción das actuacións de mellora da estrada PO-235, segunda fase, coa clave PO/15/058.10.2, no concello da Lama.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Mobilidade
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia núm. 242, do 20 de decembro de 2018, publicouse o Anuncio do 13 de decembro de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción das actuacións de mellora da estrada PO-235, segunda fase, coa clave PO/15/058.10.2, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise dos informes e certificados presentados, o 21 de maio de 2019 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción das actuacións de mellora da estrada PO-235, segunda fase, coo clave PO/15/058.10.2.

Este proxecto de construción ten por obxecto a mellora da estrada PO-235, entre os núcleos de Antas e Seixido, no concello da Lama, en dous treitos que complementan os treitos proxectados na primeira fase (puntos quilométricos 11+870 ao 15+560 e puntos quilométricos 15+740 ao 17+200,804).

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR