DECRETO 68/2019, do 13 de xuño, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-313, treito Coirados-Pardavila, puntos quilométricos 1+380-3+330, de clave PO/16/266.06, no concello de Marín.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Mobilidade
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro de 2018, publicouse o Anuncio do 10 de xaneiro de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto construción do itinerario peonil e ciclista na PO-313, treito Coirados-Pardavila, puntos quilométricos 1+380-3+330, de clave PO/16/266.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise dos informes, certificados e alegacións presentadas, o 29 de maio de 2019 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-313, treito Coirados-Pardavila, puntos quilométricos 1+380-3+330, de clave PO/16/266.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto a construción pola marxe esquerda da estrada PO-313, Marín-Moaña, dun itinerario peonil e ciclista, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1+380 e 3+330, coas seguintes actuacións proxectadas: construción dun beiril sobre unha canle fluvial con zona peonil, execución de sendas e instalación de beirarrúas.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do apartado dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da administración...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR