DECRETO 7/2016, do 8 de xaneiro, polo que se aproba definitivamente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Dodro (A Coruña) para delimitar un solo urbanizable industrial.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
Rango de LeyDecreto
  1. O Concello de Dodro remite a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Dodro (A Coruña), para delimitar un solo urbanizable industrial, e solicita a súa aprobación definitiva, conforme o artigo previsto no 85.7 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

  2. O Concello de Dodro conta cun PXOM aprobado definitivamente por Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 27 de decembro de 2010.

  3. O proxecto de modificación puntual está subscrito polo enxeñeiro de camiños Julio C. Rojo Martínez e o arquitecto Isidro López Yáñez.

  4. O periodo de información pública do convenio urbanístico sobre a modificación puntual do PXOM foi anunciado no DOG do 11 de novembro de 2013.

  5. A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu por Decisión do 10 de decembro de 2013 a non necesidade de sometemento a avaliación ambiental estratéxica.

  6. Os servizos técnicos municipais emitiron informes previos á aprobación inicial, técnico o 22 de setembro de 2014, e xurídico o 23 de setembro de 2014.

  7. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe previo á aprobación inicial o 15 de decembro de 2014, ao abeiro do artigo 85.1 da LOUG.

  8. A modificación proposta foi aprobada inicialmente polo Concello pleno en sesión do 13 de marzo de 2015 e sometida a información pública polo prazo de dous meses (El Correo Gallego e La Voz de Galicia do 16 de marzo de 2015, e DOG do 24 de marzo de 2015), sen se presentar ningunha alegación, segundo certificación municipal do 10 de novembro de 2015.

  9. No expediente figura o seguinte en canto a informes sectoriais:

    1. Augas de Galicia emite informe favorable con data do 18 de febreiro de 2015.

    2. Informe do servizo municipal de auga e saneamento de abril de 2015.

    3. A Axencia Galega de Infraestruturas emite informe favorable con data do 7 de abril de 2015.

    4. A Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información emite informe favorable con data do 21 de abril de 2015.

    5. O Instituto de Estudos do Territorio emite informe con data do 15 de xuño de 2015.

  10. O proxecto foi aprobado provisionalmente polo Pleno municipal do 18 de setembro de 2015.

  11. A modificación afecta uns 20.717 m2, en parte ocupados polas instalacións dunha fábrica de transformación de produtos do mar, e lindeiros coa estrada autonómica AC-305. No PXOM vixente o ámbito está clasificado como solo rústico de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR