DECRETO 70/2018, do 21 de xuño, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV), na contorna do treito de concentración de accidentes na estrada PO-308, punto quilómetrico 8+700 a 12+700, de clave PO/17/144.06, nos concellos de Poio e Sanxenxo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. O día 29 de decembro de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 246) o Anuncio do 20 de decembro de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora de seguridade viaria (MSV) na contorna do treito de concentración de accidentes na estrada PO-308, p.q. 8+700 a 12+700, de clave PO/17/144.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise das alegacións, certificados e informes presentados, o 12 de xuño de 2018 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora de seguridade viaria (MSV), na contorna do treito de concentración de accidentes na estrada PO-308, p.q. 8+700 a 12+700, de clave PO/17/144.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto definir, xustificar e valorar as obras necesarias para levar a cabo unha serie de actuacións que permitan evitar ou mitigar a accidentalidade que se vén a producir nos últimos anos no treito considerado. O ámbito de actuación afecta aos términos municipais de Poio e, en menor medida, a Sanxenxo.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR