DECRETO 72/2019, do 4 de xullo, polo que se aproban medidas en materia de planificación de autorizacións de instalación de salóns de xogo e tendas de apostas na Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorVicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado mediante a Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, atribúe á nosa Comunidade Autónoma, no seu artigo 27.27, a competencia exclusiva en materia de casinos, xogos e apostas con exclusión das apostas mutuas deportivo-benéficas e, no exercicio da dita competencia, ditouse a Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.

O artigo 22.b) da dita Lei 14/1985, do 23 de outubro, especifica que é competencia do Consello da Xunta de Galicia a planificación dos xogos e apostas na Comunidade Autónoma de Galicia conforme as normas xerais do Estado.

De conformidade co artigo 5.1 da Lei 20/2013, do 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado, as autoridades competentes que no exercicio das súas respectivas competencias establezan límites ao acceso a unha actividade económica ou ao seu exercicio de conformidade co previsto no artigo 17 da dita lei ou exixan o cumprimento de requisitos para o desenvolvemento dunha actividade motivarán a súa necesidade na salvagarda dalgunha razón imperiosa de interese xeral de entre as comprendidas no artigo 3.11 da Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio. Así mesmo, de acordo co artigo 5.2 daquela lei, calquera límite ou requisito establecido conforme o punto anterior deberá ser proporcionado á razón imperiosa de interese xeral invocada e deberá ser tal que non exista outro medio menos restritivo ou distorsionador para a actividade económica.

Entre os conceptos definidos como razóns de interese xeral no artigo 3.11 da Lei 17/2009, do 23 de novembro, están comprendidas a orde pública, a saúde pública, a protección dos dereitos, a seguridade e a saúde das persoas consumidoras e das persoas destinatarias de servizos, así como a loita contra a fraude. Algúns destes conceptos están tamén recollidos no artigo 17 da Lei 20/2013, do 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado, entre os que poden xustificar a exixencia dunha autorización administrativa.

A actividade de xogo ten unhas características intrínsecas que fan necesaria unha intervención por parte da Administración de cara ao establecemento de mecanismos que ofrezan seguridade ás persoas participantes nos xogos, garantan a protección das persoas menores de idade e daquelas persoas que o precisen por motivos de saúde, e que permitan velar pola orde pública e polo desenvolvemento regular dos xogos evitando a fraude. En definitiva, como admitiu o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, as consecuencias prexudiciais que para as persoas consumidoras e para a sociedade no seu conxunto comporta a actividade do xogo xustifica a imposición de límites e de exixencias co fin de controlar os riscos e de acadar os obxectivos fundamentais de prevención da incitación ao gasto excesivo en xogo e de loita contra a adicción ao xogo e contra a fraude.

A especial protección da saúde e da seguridade das persoas consumidoras e usuarias dos xogos, a garantía da orde pública e impedir a fraude na actividade do xogo son así razóns imperiosas de interese xeral que xustifican o establecemento de limitacións en materia de xogo, como as relativas á imposición dun réxime de autorización previa para a instalación de establecementos de xogo, así como a necesidade dunha planificación que limite o número destas autorizacións de instalación.

Actualmente, na Comunidade Autónoma de Galicia existen catro tipos de establecementos de xogo sometidos ao réxime de autorización administrativa para a súa instalación: os casinos, os bingos, os salóns de xogo e as tendas de apostas. No caso dos casinos de xogo, a propia Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, recolle unha planificación no seu artigo 8. E, en relación coas salas de bingo, é no regulamento do xogo do bingo, aprobado polo Decreto 181/2002, do 10 de maio, onde se recolle unha planificación que limita a súa instalación. En cambio, no que respecta aos salóns de xogo e ás tendas de apostas non se recolle unha planificación nin na Lei 14/1985, do 23 de outubro, nin nos correspondentes regulamentos, sen prexuízo de que estes últimos establezan determinadas limitacións en materia de distancias a outros establecementos ou espazos de xogo e a centros oficiais...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR