DECRETO 73/2019, do 4 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2019/20.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Rango de LeyDecreto

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, establece no seu artigo 81.3.b), na redacción dada polo Real decreto lei 14/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo, e pola Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017, que os prezos públicos por estudos conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional serán fixados por cada comunidade autónoma, dentro dos límites que estableza a Conferencia Xeral de Política Universitaria, e estarán relacionados cos custos de prestación do servizo nos termos e porcentaxes que o dito artigo especifica.

Para os restantes estudos, os prezos públicos serán fixados polo consello social da respectiva universidade, segundo o disposto no artigo 81.3.c) da citada lei orgánica, e no artigo 75.3.f) da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia.

A disposición adicional quinta da Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos, outorga aos referidos importes a consideración de prezos públicos. Pola súa parte, a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, logo de definir no seu artigo 43 o concepto de prezos públicos, dispón, no seu artigo 47, que estes deberán ser regulados por norma con rango de decreto.

Neste contexto normativo, o presente decreto fixa os importes que deberá aboar o alumnado polos estudos universitarios conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, correspondentes ao curso 2019/20, tendo en conta o custo estimado dos servizos académicos, así como a diferenza entre o prezo da primeira matrícula fronte ao prezo da segunda, terceira, cuarta e sucesivas matrículas, e ao abeiro do establecido no artigo 47 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Co obxecto de atenuar o esforzo do alumnado e as súas familias, unha vez aplicadas as regras fixadas para o cálculo pola normativa estatal, o presente decreto mantén os mesmos prezos públicos do curso 2018/19 co fin de favorecer o acceso aos estudos universitarios evitando posibles exclusións debidas a razóns económicas.

Na súa virtude, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, tras o informe do Consello Galego de Universidades, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de xullo de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

Artigo 1 Obxecto
  1. O obxecto do presente decreto é fixar, para o curso 2019/20, os prezos públicos que hai que satisfacer polos servizos académicos e administrativos por estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional impartidos polas universidades do Sistema universitario de Galicia e os seus centros adscritos, e que serán aboados segundo as normas que se establecen nos seguintes artigos e nas contías sinaladas no anexo deste decreto.

  2. O importe dos prezos por estudos conducentes a títulos ou diplomas que non teñan carácter oficial será fixado nas universidades galegas polo respectivo consello social, de conformidade co establecido no artigo 81.3.b) da Lei orgánica 6/2001, de universidades, e no artigo 75.3.f) da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia.

Artigo 2 Prezos públicos
  1. Ensinanzas de grao. Os prezos públicos que serán aboados pola matrícula son os establecidos no número 1 da tarifa primeira do anexo. A liquidación dos prezos farase en función do número de créditos en que se realice a matrícula.

  2. Ensinanzas de máster que habiliten para o exercicio de actividades profesionais reguladas en España segundo o establecido na normativa estatal e europea aplicable e análogos. Os prezos públicos que serán aboados pola matrícula son os establecidos no número 2 da tarifa primeira do anexo. A liquidación dos prezos farase en función do número de créditos en que se realice a matrícula.

  3. Ensinanzas de máster non comprendidas no punto anterior. Os prezos públicos que serán aboados pola matrícula son os establecidos no número 3 da tarifa primeira do anexo. A liquidación dos prezos farase en función do número de créditos en que se realice a matrícula.

  4. Programas oficiais de doutoramento. Os prezos públicos que se aboarán pola matrícula en programas de doutoramento son os establecidos no número 4 da tarifa primeira do anexo, en concepto de tutela académica.

  5. A universidade establecerá, mediante resolución reitoral debidamente motivada, os prezos que aboará pola matrícula en estudos de grao e máster o alumnado estranxeiro maior de dezaoito anos, que non teña a condición de residente, con exclusión daquelas persoas que sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea ou a quen lle sexa de aplicación o réxime comunitario. Estes prezos oscilarán entre o 25 % e o 100 % do custo de referencia fixado para cada unha das epígrafes da tarifa primeira do anexo deste decreto.

Artigo 3 Centros adscritos

O alumnado dos centros adscritos aboará á universidade, en concepto de expediente académico e de proba de avaliación, o 25 % dos prezos establecidos na tarifa primeira do anexo, sen prexuízo do establecido no correspondente convenio que o dito centro teña asinado coa respectiva universidade. Os demais prezos aboaranse na contía íntegra prevista.

Artigo 4 Recoñecemento e transferencia de créditos e acreditación de competencias nos programas correspondentes a estudos universitarios
  1. O recoñecemento de créditos, regulado polo Real decreto 1393/2007, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, é a aceptación por unha universidade dos créditos que, tendo sido obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, son computados noutras distintas para os efectos da obtención dun título oficial. Este recoñecemento será gratuíto para os créditos conducentes á obtención dunha mesma titulación oficial e cursados consonte un plan de estudos, se provén de centros públicos. Esta mesma consideración estenderase aos estudos cursados en titulacións que, por transformación, son substituídos polas novas de grao.

    No caso de créditos conducentes á obtención doutra titulación oficial distinta á cursada, a persoa solicitante deberá aboar á universidade que realice o recoñecemento o 25 % dos prezos establecidos na tarifa primeira do anexo.

  2. A transferencia de créditos, regulada polo Real decreto 1393/2007, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, implica...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR