DECRETO 74/2016, do 9 de xuño, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de mellora da estrada LU-124, treito Lindín (A-8)-A Cruz da Cancela (LU-122) (clave LU/15/101.10).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

O 18 de abril de 2016 publícase no Diario Oficial de Galicia (núm. 73) o Anuncio do 5 de abril de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de mellora da estrada LU-124, treito: Lindín (A-8)-A Cruz da Cancela (LU-122), de clave LU/15/101.10, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto citado.

Posteriormente, e tras non ter recibido ningunha alegación durante o período de información pública, o 26 de maio de 2016 asínase a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción de mellora da estrada LU-124, treito Lindín (A-8)-A Cruz da Cancela (LU-122), de clave LU/15/101.10.

O mencionado proxecto de construción ten por obxecto a mellora da estrada LU-124, no treito entre Lindín e A Cruz da Cancela, no seu paso polo concello de Mondoñedo, na provincia de Lugo. As obras previstas inclúen a ampliación da calzada, a execución dunha nova drenaxe transversal e lonxitudinal, a disposición dunha nova camada de rodadura e nova sinalización horizontal, vertical, balizamento e defensas, ademais de todas as obras complementarias para a ampliación do largo da vía.

A xustificación da urxencia de ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución desta actuación vén motivada porque a vía obxecto do proxecto é unha vía de acceso importante desde a A-8 cara aos municipios da Pontenova, Riotorto e A Pastoriza; así mesmo, supón unha mellora da seguridade viaria no citado treito da estrada LU-124.

A competencia para a execución da expropiación forzosa no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR