DECRETO 74/2018, do 5 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorVicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Rango de LeyDecreto

O Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia foi aprobado como desenvolvemento do compromiso do Goberno galego, asentado en criterios de máxima eficacia e economía, optimización dos recursos públicos e racionalización na súa actuación e organización administrativa.

De acordo con estes criterios foron aprobados os decretos 176 e 177, do 15 de decembro de 2016, polos que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, respectivamente, obedecendo aos postulados de racionalización, coordinación das distintas unidades administrativas, calidade na prestación de servizos públicos e mellora continua.

Pola súa banda, mediante o Decreto 233/2012, do 5 de decembro, determináronse as función e competencias da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

O presente decreto establece un marco de estabilidade con respecto á estrutura da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza fixada polo Decreto 72/2013, do 25 de abril, dado o bo funcionamento e os resultados acadados por esta; non obstante, cómpre proceder á súa actualización co fin de incorporar novidades introducidas por diversas normas con rango de lei e decreto, tanto autonómicas como a Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a Lei 4/2016, do 4 de abril, de ordenación da asistencia xurídica da Administración xeral e da Comunidade Autónoma de Galicia e do seu sector público, e a Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, o Decreto 178/2015, do 26 de novembro, polo que se regula a acción exterior da Comunidade Autónoma de Galicia ou o Decreto 129/2016, do 15 de setembro, polo que se regula a atención á cidadanía no sector público autonómico de Galicia, como estatais de carácter básico como a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, nomeadamente nos aspectos relativos ás oficinas de asistencia en materia de rexistros, ao rexistro de apoderamentos ou aos de funcionarios habilitados das referidas oficinas.

Así pois, a nova estrutura plasmada neste decreto xorde como consecuencia da necesidade de afondar na mellora continua das estruturas administrativas iniciada polo actual Goberno, co fin de acadar o máximo nivel de calidade na prestación dos servizos públicos.

De conformidade co exposto, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.4º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, co informe previo da Consellería de Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día cinco de xullo de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Ámbito competencial e organización xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Artigo 1 Ámbito competencial
  1. A Vicepresidencia da Xunta de Galicia configúrase como un órgano superior de coordinación da Presidencia da Xunta de Galicia ao cal lle corresponden, ademais das funcións e competencias establecidas no artigo 1 do Decreto 233/2012, do 5 de decembro, a promoción e adopción de medidas encamiñadas á consecución da igualdade efectiva das mulleres e dos homes, así como a asistencia xurídica da Comunidade Autónoma de Galicia.

  2. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, configurada como órgano de apoio e asistencia á Presidencia e á Vicepresidencia da Xunta de Galicia, é o departamento da Xunta de Galicia ao cal lle corresponden a elaboración, proposta e execución da política do Goberno galego en materia de xustiza, Administración local, relacións institucionais e parlamentarias, emerxencias e interior, relacións exteriores e coa Unión Europea, e avaliación e reforma administrativa, que exercerá no nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos órganos que integran este departamento.

Artigo 2 Estrutura da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
  1. A Vicepresidencia da Xunta de Galicia, baixo a superior dirección do/a seu/súa titular, contará, para o exercicio das súas funcións, coa seguinte estrutura orgánica:

    1. A Secretaría Xeral da Igualdade.

    2. A Asesoría Xurídica Xeral, con nivel orgánico de dirección xeral.

  2. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, baixo a superior dirección do/a seu/súa titular, contará, para o exercicio das súas funcións, coa seguinte estrutura orgánica:

    1. A Secretaría Xeral Técnica.

    2. A Dirección Xeral de Xustiza.

    3. A Dirección Xeral de Administración Local.

    4. A Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.

    5. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

    6. A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

    7. A Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.

Artigo 3 Órganos adscritos organicamente á consellería
  1. Os órganos superiores previstos no artigo único do Decreto 176/2016, do 15 de decembro, dependerán funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nos termos establecidos nel.

  2. As delegacións territoriais da Xunta de Galicia na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo quedan adscritas organicamente á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e exercerán as competencias previstas no artigo 7 do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia, así como aqueloutras previstas na normativa aplicable.

    Na orde funcional dependerán das directrices, instrucións ou criterios que emanen dos diversos órganos superiores das consellerías que correspondan por razón das distintas competencias materiais.

  3. As secretarías territoriais, con nivel orgánico de subdirección xeral, dependen orgánica e funcionalmente dos delegados ou delegadas territoriais, e exercerán as seguintes funcións:

    1. O apoio e asesoramento ao delegado ou delegada territorial no exercicio das súas competencias.

    2. A substitución do delegado ou delegada territorial en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

    3. A xestión e coordinación dos servizos de automobilismo provinciais e do persoal adscrito a el, así como a utilización das súas dependencias e garaxes.

    4. Cantas outras competencias lle sexan atribuídas ou delegadas.

  4. Así mesmo, quedan adscritos á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza as delegacións da Xunta de Galicia no exterior reguladas polo Decreto 178/2015, do 26 de novembro , o Instituto de Medicina Legal de Galicia, órgano técnico ao servizo da Administración de xustiza, creado polo Decreto 119/2005, do 6 de maio, e os seguintes órganos colexiados:

    1. O Consello Galego das Mulleres, regulado polo Decreto 157/2012, do 5 de xullo.

    2. O Observatorio Galego da Violencia de Xénero e a súa Comisión asesora de publicidade non sexista, regulados polo Decreto 157/2012, do 5 de xullo.

    3. A Comisión Interdepartamental da Igualdade, regulada polo Decreto 157/2012, do 5 de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR