DECRETO 81/2016, do 23 de xuño, polo que se crea no ámbito do Servizo Galego de Saúde a categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

A Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, na redacción conferida polo Real decreto lei 16/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema nacional de saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións, establece no artigo 15.1 que cada servizo de saúde establecerá, modificará ou suprimirá as categorías do seu persoal estatutario de acordo coas previsións contidas no propio estatuto marco.

Co propósito de garantir o dereito á mobilidade en termos de igualdade efectiva do persoal estatutario no conxunto do Sistema nacional de saúde, regulado no artigo 37 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, aprobouse o Real decreto 184/2015, do 13 de marzo, polo que se regula o catálogo homoxéneo de equivalencias das categorías profesionais do persoal estatutario dos servizos de saúde e o procedemento da súa actualización, cuxa disposición adicional terceira establece que «Co fin de garantir a mobilidade do persoal estatutario que acceda a novas categorías de enfermeiro/a especialista e co obxecto de dar cumprimento ao previsto neste real decreto, as administracións sanitarias con competencias para isto, impulsarán, na medida da súa capacidade normativa e dispoñibilidades orzamentarias, a creación das categorías de enfermeiro/a especialista».

Dentro do marco normativo descrito, e atendendo á evolución de determinadas prestacións e á aparición de novas titulacións e especializacións, resulta necesario adecuar determinadas categorías profesionais existentes ás necesidades actuais do Sistema público de saúde de Galicia, posibilitando a incorporación de profesionais capacitados para aplicar as funcionalidades que se demandan e mellorar, en suma, a calidade da asistencia prestada á cidadanía.

O Real decreto 450/2005, do 22 de abril, sobre especialidades de enfermaría, veu introducir unha nova regulación das diversas especialidades de enfermaría, ao fío da distinta normativa europea sobre a materia e da propia Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias.

Das especialidades establecidas tanto naquela norma, xa derrogada, como no Real decreto 639/2014, do 25 de xullo, polo que se regula a troncalidade, a reespecialización troncal e as áreas de capacitación específica, se establecen as normas aplicables ás probas anuais de acceso a prazas de formación e outros aspectos do sistema de formación sanitaria especializada en Ciencias da Saúde, e se crean e modifican determinados títulos de especialista, a que arrastra unha máis longa tradición é a de enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrón/a).

De máis recente implantación, no ámbito do Servizo Galego de Saúde, son as categorías de persoal estatutario enfermeiro especialista en saúde mental, creada polo Decreto 95/2007, do 3 de maio, e a de persoal enfermeiro especialista do traballo a través do Decreto 111/2011, do 3 de xuño.

Non obstante, co fin de gardar a necesaria homoxeneidade na denominación e definición dos requisitos de titulación co resto de especialidades de enfermaría vixentes, considérase conveniente crear e regular...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR