DECRETO 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
Rango de LeyDecreto

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, recolle, entre os seus obxectivos, o de dotar de seguridade xurídica o ordenamento urbanístico, para o que considera imprescindible que todos os concellos de Galicia dispoñan dun instrumento de planeamento que ordene o seu termo municipal. Porén, sen prexuízo do mantemento dos plans xerais de ordenación municipal e dos seus plans de desenvolvemento, introduce entre as figuras de planeamento urbanístico o Plan básico autonómico e os plans básicos municipais.

Estes instrumentos enmárcanse como unha das novidades da vixente normativa urbanística autonómica, para dar cumprida resposta á necesidade de dotar dunha ordenación básica a totalidade dos concellos de Galicia para que adquiran plena seguridade xurídica nas accións sobre o territorio, sen que iso supoña conculcar o principio de autonomía local, expresamente regulado na Constitución española.

O Plan básico autonómico formúlase pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ao abeiro do disposto nos artigos 49 e 50 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 90 e seguintes do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, e constitúe o paso intermedio imprescindible para a elaboración dos plans básicos municipais.

Así, en desenvolvemento do Plan básico autonómico redactará a Administración autonómica, os plans básicos municipais, en colaboración e coa participación dos concellos de menos de 5.000 habitantes que non conten cun instrumento de planeamento xeral e terán por obxecto dotar os ditos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR