DECRETO 84/2018, do 2 de agosto, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de ampliación de calzada na estrada AC-552. p.q. 9+000 a 9+650, de clave AC/17/178.10, no concello de Arteixo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. O 26 de marzo de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 60 o Anuncio do 16 de marzo de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción de ampliación de calzada na estrada AC-552. p.q. 9+000 a 9+650, de clave AC/17/178.10, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise das alegacións, certificados e informes presentados, o 27 de xullo de 2018 apróbase o expediente de información pública e, definitivamente, o proxecto de construción de ampliación de calzada na estrada AC-552. p.q. 9+000 a 9+650, de clave AC/17/178.10.

Este proxecto de construción ten por obxecto o incremento da capacidade da estrada AC-552 no treito indicado, así como a mellora da seguridade viaria da actual intersección coa travesía da Groufa. Tamén se pretenden absorber os tráficos xerados en hora punta, que na actualidade prexudican os accesos ao polígono de Sabón, e a circulación de entrada e saída asociada á parcela de Inditex, todo isto mediante a execución dunha glorieta.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros no ámbito da Administración...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR