DECRETO 88/2017, do 7 de setembro, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito Roxos-Aldea Nova, punto quilométrico 4+150 ao 5+040, coa clave AC/16/086.06, nos concellos de Santiago de Compostela e Ames.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Vivenda
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. Mediante a Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas, do 27 de marzo de 2017, aprobouse provisionalmente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito Roxos-Aldea Nova, p.q. 4+150 ao 5+040, coa clave AC/16/086.06.

Segundo. Con data do 11 de abril de 2017, publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 71) o Anuncio do 27 de marzo de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito Roxos-Aldea Nova, p.q. 4+150 ao 5+040, coa clave AC/16/086.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Posteriormente, e tras a análise do informe e certificacións presentadas, o 28 de xullo de 2017 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-543, treito Roxos-Aldea Nova, p.q. 4+150 ao 5+040, coa clave AC/16/086.06.

Este proxecto ten por obxecto fomentar a mobilidade alternativa e acadar unha diminución do tráfico rodado motorizado que actualmente existe entre os lugares de Roxos e Aldea Nova, de xeito que a poboación destes núcleos empregue a senda peonil para os seus desprazamentos cotiáns en lugar do vehículo particular, contribuíndo deste xeito a unha redución das emisións de carbono ao mesmo tempo que se acada unha mellora da seguridade viaria neste treito da estrada AC-543.

Executarase así unha senda mixta (peonil e ciclista) de formigón coloreado, que conectará os lugares de Roxos e Aldea Nova, nos cales xa se conta con beirarrúas, configurando un itinerario continuo ao longo dos primeiros quilómetros da estrada AC-543. Esta senda terá un largo variable, en función do espazo dispoñible, pero en ningún caso inferior a 2,00 m, e irá separada da calzada por unha zona verde de largo medio 0,9 m (agás naquelas zonas onde non hai espazo) e un bordo de formigón.

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións, todas elas necesarias e imprescindibles para garantir a funcionalidade da senda executada:

– Ampliación da sección transversal para albergar os novos elementos que pasarán a formar parte da nova plataforma, de xeito que será preciso realizar pequenos desmontes para obter o largo óptimo para a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR