DECRETO 9/2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) e se modifica o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería de Facenda e Administración Pública
Rango de LeyDecreto

A Lei 16/2010, do 15 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, autorizou na súa disposición adicional terceira a creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como unha entidade pública instrumental adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia e cuxos obxectivos básicos serían a definición, o desenvolvemento e a execución dos instrumentos de política da Xunta de Galicia no eido das tecnoloxías da información e comunicacións e a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. A mesma disposición adicional terceira estableceu a asunción por parte da Axencia dos medios persoais e materiais e das competencias que correspondían á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, que se suprimiría no intre de creación da Axencia.

Mediante o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, desenvolveuse a autorización antedita, creando a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e regulando tanto as súas competencias e funcións como a súa organización e estrutura, o réxime do seu persoal, o réxime económico-financeiro e patrimonial, así como os principios que a orientan na súa actuación.

Desde o obxectivo da eficiencia na prestación dos servizos públicos e a convicción da importancia estratéxica das tecnoloxías da información e a comunicación como elemento de crecemento económico e desenvolvemento social, xurdiu a necesidade de constituír unha entidade única de xestión das tecnoloxías da información e comunicación de carácter público, adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia, que concentrase os recursos humanos, materiais e orzamentarios asociados ás diferentes estruturas TIC dispersas no sector público autonómico.

Con tal finalidade, a disposición adicional cuarta do Decreto 252/2011, do 15 de decembro, prevía como a Axencia asumiría progresivamente, de conformidade co Plan para a súa posta en marcha e para a integración dos servizos tecnolóxicos da Xunta de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 21 de xullo de 2011, e de acordo co disposto na disposición transitoria terceira do decreto, a prestación dos servizos en materia de tecnoloxías da información e comunicacións ás consellerías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e ás entidades públicas instrumentais do sector público autonómico. Ademais, a antedita disposición adicional cuarta estableceu a subrogación da Axencia en todas as relacións xurídicas, bens, dereitos e obrigas relativos ás competencias en materia tecnolóxica que a Amtega asumise das distintas consellerías e entidades públicas dela dependentes.

Así mesmo, a disposición transitoria terceira do decreto antedito recollía a adscrición progresiva á Amtega dos servizos, recursos económicos e persoal de tecnoloxías da información e comunicación das distintas consellerías e entidades públicas delas dependentes.

Doutra banda, a disposición adicional quinta da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, autorizou a supresión do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, cuxas funcións serían asumidas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. A mesma disposición adicional estableceu que a supresión do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable debía ter lugar mediante decreto do Consello da Xunta de Galicia, no cal se debía determinar o destino dos seus bens, dereitos e obrigas, así como as medidas aplicables ao persoal que estea prestando servizos no Centro. Ademais, para os efectos orzamentarios, a lei dispuxo como a supresión do ente implicaría a integración das partidas económicas e funcionais de gasto dos seus orzamentos nos orzamentos da Axencia.

O obxectivo fundamental desta norma é cumprir co sinalado nas disposicións anteriores e proceder á supresión do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec), establecendo a asunción das súas funcións pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e regulando o destino dos seus bens, dereitos e obrigas, así como as medidas aplicables ao persoal funcionario e laboral que estea prestando servizos no ente extinto no momento da súa supresión.

A norma comporta unha modificación do Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, co fin de adaptalo ás previsións contidas na disposición adicional primeira do Decreto 129/2020, do 17 de setembro, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección da Presidencia da Xunta de Galicia, así como á vixente estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia establecidas no Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia. Modifícanse tamén os estatutos da dita entidade, recollidos como anexo, para adaptar as súas competencias e estrutura ás novas funcións que a dita axencia pública autonómica asume coa supresión do Cixtec. Así mesmo, modifícase a denominación de distintas áreas e departamentos existentes na Amtega coa finalidade de adecualos á realidade social actual e aliñalos ao modelo de gobernanza que se establecerá a través da Estratexia dixital de Galicia.

Este decreto consta de dous artigos, dez disposicións adicionais, dúas disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria, catro disposicións derradeiras e un anexo cos estatutos da Amtega.

No artigo 1, denominado Supresión do ente Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, suprímese o Cixtec.

No artigo 2, denominado Integración na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, establécese a asunción por parte da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia das competencias e medios persoais e materiais que na actualidade lle corresponden ao Cixtec.

As disposicións adicionais deste decreto recollen as consecuencias da adscrición ou transferencia á Amtega dos recursos humanos, medios, servizos, bens e outros elementos con valoración económica do Cixtec no momento da supresión do dito ente. Así, determínanse tanto a subrogación xurídica da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia na posición do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable coa valoración do custo efectivo dos medios que se traspasan, como a previsión da adscrición do persoal, así como a adscrición patrimonial dos bens patrimoniais e o patrimonio adscrito ao Cixtec.

Contén o texto do decreto dúas disposicións transitorias relativas a expedientes, obrigas, contratos e gastos iniciados e non rematados polo Cixtec na data de entrada en vigor deste decreto, relativos a materias de competencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e ao réxime da adscrición do persoal laboral procedente do Cixtec.

Complétase o texto deste decreto cunha disposición derrogatoria e catro disposicións derradeiras. Na primeira, denominada Modificación do Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, modifícanse os artigos 3 e 4, así como a disposición derradeira segunda e o anexo do Decreto 252/2011, do 15 de decembro, para adaptalos ás previsións contidas na disposición adicional primeira do Decreto 129/2020, do 17 de setembro, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, así como á vixente estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia establecidas polo Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia. As restantes disposicións derradeiras regulan, respectivamente, as referencias normativas, a facultade da persoa titular da consellería con competencias en materia de facenda e Administración pública para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR