DECRETO 91/2019, do 11 de xullo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na OU-537, treito parques empresariais (puntos quilométricos 0+000-2+030), e na OU-536, treito A Derrasa (puntos quilométricos 7+180-7+940), de clave OU/16/269.06, nos concellos do Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Mobilidade
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia núm. 103, do 31 de maio de 2018, publicouse o Anuncio do 3 de maio de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na OU-537, treito: parques empresariais (puntos quilométricos 0+000-2+030), e na OU- 536, treito: A Derrasa (puntos quilométricos 7+180-7+940), de clave OU/16/269.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise das alegacións, informes e certificados presentados, o 17 de xuño de 2019 apróbase o expediente de información pública e o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na OU-537, treito: parques empresariais (puntos quilométricos 0+000-2+030), e na OU-536, treito: A Derrasa (puntos quilométricos 7+180-7+940), de clave OU/16/269.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto a xustificación e definición das obras que se levarán a cabo para a construción de dous itinerarios peonís e ciclistas na OU-537 e na OU-536 nos concellos de San Cibrao das Viñas e O Pereiro de Aguiar, cuns beneficios esperados, entre outros, como a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar da economía, do patrimonio e do urbanismo.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR