DECRETO 99/2015, do 2 de xullo, de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Cañiza, no antigo mercado gandeiro.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto
  1. O Concello da Cañiza eleva, para a súa aprobación definitiva, o expediente da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal, no ámbito do antigo mercado gandeiro, de conformidade co previsto no artigo 85.7 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

  2. O concello da Cañiza conta cun PXOM aprobado definitivamente o 27.6.2003.

  3. A modificación puntual ten por obxecto reclasificar como solo urbanizable delimitado industrial-terciario con ordenación detallada, un ámbito de 51.894 m2 na periferia da capitalidade do concello da Cañiza, clasificado no PXOM, parcialmente como solo urbano de sistema xeral de equipamentos de servizos e de espazos libres e zonas verdes; e, no resto, como solo rústico de protección ordinaria e de protección de infraestruturas pola presenza da A-52 e a súa vía de conexión coa N-120.

  4. A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emitiu decisión do 24.10.2012 sobre a non necesidade de sometemento a avaliación ambiental estratéxica da MP.

  5. Constan informes municipais: técnicos do 12.12.2012 e de 21.3.2013; e xurídicos do 12.12.2012, 20.3.2013 e 28.10.2014.

  6. A modificación puntual foi aprobada inicialmente polo Concello en pleno en sesión do 30.8.2013. Foi sometida a información pública mediante anuncios nos xornais Atlántico e La Voz de Galicia do 17.9.2013 e no DOG do 4.10.2013. Deuse audiencia aos concellos limítrofes.

  7. No expediente administrativo municipal constan os seguintes informes sectoriais:

    – Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, informes do 8.10.2012, 3.2.2014, 18.7.2014 e 24.10.2014 (favorable condicionado).

    – Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do 31.1.2013.

    – Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural e do Mar do 10.10.2013.

    – Deputación de Pontevedra do 2.4.2014.

    – Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes do 29.11.2013.

    – Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do 1.7.2014.

    – Dirección General de Telecomunicacións e Tecnoloxías de la Información do 4.2.2015.

  8. A modificación puntual foi aprobada provisionalmente polo Concello Pleno o 31.10.2014.

  9. O...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR