DECRETO 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería do Medio Rural e do Mar
Rango de LeyDecreto

O monte galego desempeña unha función moi relevante tanto como fonte de recursos como por ser provedor de múltiples servizos recreativos e paisaxísticos, pero tamén en termos de protección do solo e do ciclo hidrolóxico, de fixación do carbono atmosférico ou de diversidade biolóxica.

Pero esta riqueza que albergan os montes galegos en diferentes recursos como os pastos, a madeira, os cogomelos ou a cortiza e en servizos turísticos, deportivos ou culturais debe ser posta en valor e xestionada, e a dita xestión ten que ser sustentable.

O concepto de desenvolvemento sustentable ten a súa orixe no Informe de 1987 da Comisión das Nacións Unidas sobre o desenvolvemento económico chamado «O noso futuro común» e definiuse como «o desenvolvemento que satisfai as necesidades das xeracións presentes sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfaceren as súas propias necesidades».

A expresión «xestión forestal sustentable» comezouse a utilizar na Conferencia de Río en 1992, pero foi na Conferencia ministerial sobre a protección dos bosques en europa, celebrada en Helsinki en 1993, onde se definiu como «a administración e o uso dos bosques e os terreos forestais en forma e intensidade que permita manter a súa biodiversidade, produtividade, capacidade de rexeneración, vitalidade e potencial para desempeñar, agora e no futuro, importantes funcións ecolóxicas, económicas e sociais, a escala local, nacional e mundial, e sen causar prexuízo a outros ecosistemas».

En España a xestión forestal dos montes foi abordada desde as técnicas de ordenación de montes desenvolvidas e estudadas amplamente ao longo dos anos, e que, en calquera caso, aseguraban a xestión sustentable.

Pódese afirmar que a ordenación de montes ten como finalidade a organización, tecnicamente xustificada, dos usos do monte, a través de especificacións necesarias para a súa xestión sustentable no tempo e no espazo. As vantaxes da súa aplicación son múltiples e entre elas destacan a conservación e crecemento das masas forestais, a fixación e xustificación de quendas, que en determinados casos, posibilitan a existencia de superficies de bosque maduro, ou a posta en valor dos terreos improdutivos do monte, o cal favorece rapidamente a evolución do cortexo florístico, o incremento da riqueza específica de fauna e a aparición de especies non pioneiras de luz.

O actual marco normativo en vigor en Galicia, definido pola Orde de 29 de decembro de 1970 pola que se aproban as Instrucións xerais para a ordenación de montes arborados, e a Orde do 29 de xullo de 1971 pola que se aproban as normas xerais para o estudo e redacción dos plans técnicos de montes arborados, non configura un marco acaído á estrutura da propiedade e a organización do monte en Galicia, que se caracteriza por unha excesiva fragmentación da propiedade.

Tampouco resulta sinxelo aplicar esas normas ás agrupacións formais de propiedades forestais, necesarias para acadar un tamaño que permita a viabilidade da xestión forestal. Incluso no caso dos montes veciñais en man común, que teñen un tamaño medio máis adecuado para facilitar a súa planificación e xestión, a aplicación das ditas instrucións tamén atopan serias dificultades pola falta de adecuación ao tipo de masas e a custosa necesidade de actualización de moitos aspectos, entre eles, fundamentalmente, o detallado inventario.

Esta situación vén provocar unha carencia de instrumentos de ordenación e xestión ou outras figuras equivalentes que poidan garantir unha xestión forestal sustentable nunha grande parte dos montes galegos. Actualmente apenas o 10 % da superficie forestal en Galicia presenta un instrumento deste tipo en vigor. Esta situación, aínda que coincidente cos valores medios existentes no Estado español, é moi diferente ao valor medio que presenta a Unión Europea, que se atopa ao redor do 50 %, e significativamente inferior aos valores que acadan os países nórdicos, que chegan incluso a superar o 75 % da súa superficie forestal.

As causas desta situación son múltiples, pero, sen dúbida, a estrutura da propiedade en Galicia semella un dos grandes factores que dá explicación a estes valores enunciados: unha propiedade forestal galega claramente de natureza privada (98 %), coincidente con Portugal pero ben diferenciada das porcentaxes do Estado español (70 %), da UE (60 %) e doutros países como Alemaña (45 %) ou Bulgaria (10 %); composta de preto de 3.000 comunidades de montes veciñais en man común que posúen máis de 700.000 hectáreas de monte galego cunha superficie media de 250 hectáreas, e nos restantes 1,3 millóns de hectáreas a propiedade recae en máis de 675.000 familias galegas cuxa superficie media en posesión non é superior a 1-1,5 hectáreas espalladas en 8 ou 10 parcelas, o que se podería cualificar incluso como nanofundismo.

En adición, as iniciativas privadas de certificación forestal como instrumentos de mercado que aseguran, mediante unha marca, que os recursos aproveitados proveñen de montes xestionados de forma sustentable, en todas as iniciativas vixentes incorporan como condición obrigada que as superficies cun certificado forestal presenten un instrumento de ordenación ou xestión forestal, ademais doutra información e procedementos complementarios.

Por tanto, a case inexistencia de superficie baixo figuras de ordenación, xestión forestal ou equivalentes en Galicia non só está a provocar que os recursos e servizos que produce o monte galego se abandonen e non se poñan en valor de forma sustentable, supoñendo ás veces un custoso gasto público e incluso un perigo para os bens e as persoas, senón que, ademais, está a influír claramente na competitividade do sector forestal galego ao non poder proverse de materia prima cun selo diferencial de certificación nun mercado comunitario onde a dita desvantaxe se fai máis significativa en relación coa situación actual descrita noutras rexións e países que son directos competidores.

A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, foi moi sensible a esta situación e afrontou de xeito claro e decidido a adaptación dos instrumentos de ordenación ou de xestión forestal, así como doutras figuras equivalentes á realidade do monte en Galicia.

O obxectivo que se desenvolveu nos artigos 77 a 83 da dita norma dirixiuse a responder aos novos intereses da sociedade respecto á necesaria valorización do monte galego mediante o uso múltiple e sustentable dos seus recursos e a dar soporte á crecente demanda da súa certificación forestal. Para iso estableceu no seu artigo 77 un conxunto de proxectos de ordenación, documentos simples ou compartidos de xestión forestal ou documentos equivalentes, como son a adhesión a referentes de boas prácticas e modelos silvícolas orientativos ou de xestión forestal, segundo a superficie da propiedade forestal.

Este decreto nace para dar resposta ao mandado disposto no artigo 78 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, polo que Consello da Xunta deberá aprobar as instrucións xerais para a ordenación dos montes en Galicia, que conterán os principios reitores, os criterios e os requirimentos que deberán cumprir todos os instrumentos de ordenación, de xestión e figuras equivalentes nos montes situados na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco da xestión forestal sustentable, e desenvolverán a súa estrutura e contidos mínimos.

Neste decreto desenvólvense as ditas figuras, tendo en consideración a situación actual do monte galego, e, para cada unha das figuras definidas no artigo 77 da norma, establécese un gradiente de requirimentos e contidos de xeito concreto, sendo estes máis amplos para instrumentos de ordenación e máis flexibles para instrumentos de xestión, a fin de que poidan ser asumidos polas persoas propietarias ou titulares de pequenas superficies forestais, polas necesarias agrupacións das ditas persoas e polos/as silvicultores/as galegos/as en xeral.

Cómpre sinalar que o artigo 32 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, regula a elaboración das instrucións básicas para a ordenación e o aproveitamento de montes en España pero, tras máis de dez anos desde a publicación desta norma, non se teñen aínda desenvolvidas. Tendo en consideración a importancia do presente desenvolvemento normativo para os montes galegos, enténdese que non se pode esperar polas ditas instrucións básicas.

Este decreto, ademais, afonda na utilización de recursos vinculados á Administración electrónica para a presentación e introdución harmonizada, segundo anexos detallados de estructura e contidos, cos datos mínimos necesarios para compoñer as figuras desenvolvidas. Deste xeito facilítase o seu almacenamento...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR