DECRETO 135/2012, do 31 de maio, polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en vela con aparello fixo e técnico deportivo en vela con aparello libre.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyDecreto

A Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte, no seu artigo 55 regula as ensinanzas do persoal técnico deportivo, atendendo aos diferentes niveis educativos, condicións de acceso, programas, directrices e plans de estudo.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, establece o sistema nacional de cualificacións e formación profesional como marco das accións formativas dirixidas a responder as demandas do sector produtivo. Atendendo á capacidade de crecemento, diversidade de servizos e relevancia para efectos económicos da actividade física e o deporte, exíxese a profesionalización de recursos humanos, incrementándose as competencias requiridas polo persoal técnico e vinculándose este á formación profesional. Por isto, a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), establece a posibilidade de que as ensinanzas deportivas se refiran ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Nesta mesma lei, o seu artigo 64.6 fai referencia ao establecemento das titulacións correspondentes aos estudos de ensinanzas deportivas, aos aspectos básicos do currículo e aos requisitos mínimos dos centros.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, desenvolve as ensinanzas que conducen á obtención dos títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior, mencionadas no artigo 55 da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte. Así mesmo, aproban as directrices xerais sobre os títulos e as correspondentes ensinanzas.

O citado real decreto, que introduce as ensinanzas deportivas no sistema educativo, tal como queda recollido no artigo 3 e no capítulo VIII da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), concreta no artigo 6 o perfil profesional dos ditos títulos, que incluirá a competencia xeral, as competencias profesionais, persoais e sociais, as cualificacións e, de ser o caso, as unidades de competencia do Catalogo Nacional de Cualificacións Profesionais incluídas nos títulos, para que os títulos das ensinanzas deportivas respondan ás necesidades demandadas polo sistema produtivo e os valores persoais e sociais para exercer unha cidadanía democrática.

O Real decreto 935/2010, do 23 de xullo, que establece para a modalidade deportiva de vela, os títulos de técnico deportivo en vela con aparello fixo e técnico deportivo en vela con aparello libre, establece para cada título a súa identificación, o seu perfil profesional, o ámbito profesional, as ensinanzas dos ciclos de ensinanzas deportivas, a correspondencia dos módulos de ensinanzas deportivas coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención, a acreditación de módulos debida á experiencia docente, espazos, equipamentos, titulacións e especialidades do profesorado. Tamén se determinarán os requisitos específicos de acceso, identificando a carga lectiva acreditada a través destes requisitos, a vinculación con outros estudos, as validacións, exencións e equivalencias.

As ensinanzas que regula este decreto configuráronse para dotar os alumnos e alumnas dos coñecementos suficientes para permitirlles o exercicio competente das súas funcións. De acordo con este obxectivo xenérico, ponse o acento en conseguir unha formación completa, cun equilibrio entre o carácter teórico e práctico, de maneira que o proceso de formación se vincule á realidade científico técnica e social da vela.

Finalmente, este decreto atende nestas ensinanzas de vela á Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade e desenvolve neste, as previsións contidas na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes e na Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes na Comunidade Autónoma de Galicia.

No desenvolvemento deste decreto os centros educativos terán en conta o disposto no artigo 14 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo, polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, logo do informe do Consello Escolar de Galicia, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trinta e un de maio de dous mil doce,

DISPOÑO:

Capítulo IObxecto

Artigo 1 Obxecto
  1. Este decreto establece o currículo das ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo en vela con aparello fixo e técnico deportivo en vela con aparello libre, que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega.

  2. De acordo co establecido no Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, os elementos recollidos no presente decreto non constitúen unha regulación do exercicio de ningunha profesión titulada.

Capítulo IIIdentificación do título e organización das ensinanzas

Artigo 2 Identificación dos títulos de técnico deportivo en vela con aparello fixo e técnico deportivo en vela con aparello libre
  1. O título de técnico deportivo en vela con aparello fixo queda identificado polos seguintes elementos:

    1. Denominación: vela con aparello fixo.

    2. Nivel: ensinanzas deportivas de grao medio.

    3. Duración: 1.100 horas.

    4. Referente europeo: CINE-3 (Clasificación Internacional Normalizada de Educación).

  2. O título de técnico deportivo en vela con aparello libre queda identificado polos seguintes elementos:

    1. Denominación: vela con aparello libre.

    2. Nivel: ensinanzas deportivas de grao medio.

    3. Duración: 1.100 horas.

    4. Referente europeo: CINE-3 (Clasificación Internacional Normalizada de Educación).

Artigo 3 Organización das ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en vela con aparello fixo

As ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en vela con aparello fixo organízanse en dous ciclos:

  1. Ciclo inicial de grao medio en vela con aparello fixo e aparello libre, que ten unha duración de 500 horas.

  2. Ciclo final de grao medio en vela con aparello fixo, que ten unha duración de 600 h.

Artigo 4 Organización das ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR