DECRETO 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e se regula o seu funcionamento.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Rango de LeyDecreto

I

A Comunidade Autónoma de Galicia asumiu a competencia exclusiva en materia de cooperativas en virtude da transferencia feita pola Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, que amplía a recollida no artigo 28.7do Estatuto de autonomía de Galicia.

En virtude desta competencia, a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, no artigo 137 recoñece de interese social a promoción e o desenvolvemento das sociedades cooperativas e das súas estruturas de integración económica e representativa, e dispón que a Xunta de Galicia, a través da consellería competente en materia de traballo, realizará unha política de fomento do movemento cooperativo e adoptará as medidas necesarias para promover a constitución e o desenvolvemento das cooperativas. O mesmo texto legal, na súa disposición adicional sétima, establece que a Xunta de Galicia poñerá en marcha accións de promoción, difusión, desenvolvemento, formación e fomento do cooperativismo no marco da súa acción política e como fórmula empresarial de creación e mantemento de emprego, cohesión territorial e vertebración económica e social de Galicia.

Por outra parte, as cooperativas, xunto con outras entidades entre as cales se atopan as sociedades laborais e os centros especiais de emprego, forman parte da denominada economía social nos termos en que a define a Lei estatal 5/2011, do 29 de marzo, de economía social: o conxunto das actividades económicas e empresariais que, no ámbito privado, levan a cabo aquelas entidades que perseguen ben o interese colectivo dos seus integrantes ben o interese xeral económico ou social, ou ambos.

A competencia da Comunidade Autónoma sobre as referidas entidades de economía social alcanza desde a exclusiva relativa a cooperativas, como xa se indicou anteriormente, á de execución prevista nos decretos de traspaso de funcións da Administración do Estado á Comunidade Autónoma e normativa reguladora que as afecta, no caso das sociedades laborais (Lei estatal 4/1997, do 24 de marzo, de sociedades laborais, Real decreto 2114/1998, do 2 de outubro, sobre o rexistro administrativo, e Real decreto 1456/1989, do 1 de decembro, sobre traspaso de funcións).

A economía social, polos seus principios, perfílase cada día como un actor económico e social fundamental na sociedade actual. Daquela, tanto no ámbito comunitario, a través de distintos ditames e informes entre os cales se destaca o Informe 2008/2250 (INI), do 26 de xaneiro de 2009, do Parlamento Europeo, coma no ámbito do Estado español, coa Lei 5/2011, do 29 de marzo, de economía social, estase a potenciar esta fórmula de creación de emprego.

A economía social engloba empresas, como as cooperativas e as sociedades laborais, nas cales a propiedade está maioritariamente en mans das persoas socias traballadoras e asalariadas que a conforman, asumindo estas o protagonismo na toma de decisións e na xestión empresarial. O papel central que asumen as persoas outorga ás empresas de economía social as súas valiosas características, que permiten afrontar as demandas, retos e desafíos da sociedade e a economía global, adaptándose especialmente ben ás situacións de crise.

Todos os colectivos sociais poden beneficiarse das vantaxes que a economía social proxecta sobre a sociedade, o territorio e a realidade económica. O colectivo de persoas emprendedoras pode encontrar na economía social unha interesante vía para canalizar as súas inquedanzas e os seus proxectos empresariais, que lle permita afrontar un dos seus principais problemas: o acceso ao emprego.

Os valores que definen estas empresas achegan solucións acaídas ás necesidades dos proxectos das persoas emprendedoras e comparten os retos e desafíos propios da sociedade moderna, que demanda a conciliación da vida familiar, persoal e laboral, aposta pola innovación, se implica no desenvolvemento social do seu contorno e defende o desenvolvemento sustentable.

No exercicio das súas competencias a Xunta de Galicia vén realizando un labor de fomento e difusión do cooperativismo e a economía social.

Á vista das actuacións realizadas, do seu positivo impacto e da necesidade de que o labor realizado alcance un maior número de persoas e dun xeito máis próximo, considérase preciso incrementar o esforzo de divulgación e apoio a estas fórmulas empresariais, promovendo a eficacia na xestión dos recursos e dirixindo estes para onde resultan máis precisos e onde poden apoiar dun xeito máis directo a creación de emprego.

Así, cómpre achegar as actuacións aos destinatarios ofrecéndolles servizos de apoio e dinamización de proximidade e coa continuidade precisa para que o labor de fomento poida acadar os seus froitos.

Cómpre, polo tanto, situar medios e recursos para o fomento do cooperativismo e economía social en todo o territorio galego, de xeito que tanto os cooperativistas como os emprendedores, desempregados e cidadáns en xeral poidan ter acceso a coñecer e desenvolver as posibilidades que ofrece o cooperativismo para o desenvolvemento económico e social en xeral e do seu proxecto en particular.

Para acadar este ambicioso obxectivo, e tendo en conta a limitación de recursos existentes, resulta preciso establecer mecanismos estables de colaboración cun conxunto de actores que comparten o interese común de fomentar a economía social. Un aproveitamento eficaz dos recursos e medios públicos e privados exixe unha coordinación de esforzos e un traballo cooperativo á hora de planificar e executar as actividades.

Co impulso do máximo órgano de promoción do cooperativismo na Comunidade Autónoma, o Consello Galego de Cooperativas, e co apoio explícito de asociacións representativas e de fundacións de base cooperativa, a Xunta de Galicia dá forma ao empeño compartido de promover a economía social mediante a creación da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Con esta Rede pretende estenderse o labor de promoción con dous obxectivos fundamentais: por unha parte, a posta en marcha de novos proxectos cooperativos como motores de creación de emprego e, pola outra, a consolidación das empresas de economía social existentes mediante a mellora da súa competitividade, achegando información e asesoramento especializado a desempregados, cooperativistas, emprendedores e cidadanía en xeral, e prestando especial atención aos procesos de acompañamento de proxectos.

Enmárcanse tamén, como obxectivo da rede, achegar aos cidadáns os diferentes recursos e infraestruturas de institucións, entidades ou organizacións con interese en adherirse á Rede.

Esta Rede estará formada pola Xunta de Galicia e polas entidades colaboradoras que poñan á disposición das actividades de fomento os seus medios e recursos, e para tal efecto asinaranse convenios de colaboración entre a consellería competente en materia de traballo e as devanditas entidades.

A Rede contará con centros que terán como finalidade a realización das actividades, especialmente a información e sensibilización do conxunto da sociedade. O seu número garantirá como mínimo que o rango de actuación abranga todo o territorio galego, fomentando, ademais, a través de instrumentos específicos, a colaboración con zonas transfronteirizas.

II

O decreto estrutúrase en catro capítulos, dezanove artigos, dúas disposicións adicionais e dúas disposicións derradeiras.

O capítulo I contén as disposicións xerais da norma. Neste capítulo recóllese a creación da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, que se configura como un instrumento de actuación baseado na colaboración de axentes públicos e privados con intereses comúns cuxo obxecto e ámbito de aplicación se estende a todo o territorio galego, sen prexuízo de que para o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR