Decreto 20/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

O Decreto 83/2009, do 21 de abril, fixa a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. O artigo 1º do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, establece que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é o órgano de administración da comunidade autónoma ao cal lle corresponden as competencias e funcións en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, vivenda e solo, infraestruturas e mobilidade, consonte o establecido no Estatuto de autonomía de Galicia, nos termos sinalados na Constitución española. O artigo 4º do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, sinala que o conselleiro é a autoridade superior da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e con tal carácter está investido das atribucións enumeradas no artigo 34º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia.

O Plan de Ordenación do Litoral (POL) é un instrumento de ordenación territoria que ten por obxecto, de conformidade co artigo 2º da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, establecer os criterios, principios e normas xerais para a ordenación urbanística da zona litoral baseada en criterios de perdurabilidade e sustentabilidade, así como a normativa necesaria para garantir a conservación, protección e posta en valor das zonas costeiras.

A Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, establece no seu artigo 2º que o Plan Sectorial de Ordenación do Litoral a que fai referencia a disposición transitoria oitava da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, terá a natureza dun plan territorial integrado regulado na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia. Así mesmo, este artigo establece que o procedemento de aprobación do Plan de Ordenación do Litoral se axustará ao disposto nos artigos 5º bis e 15º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

De conformidade co artigo 15º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia acordar a iniciación do procedemento da súa elaboración.

A Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, establece no seu artigo 5º que, de conformidade co disposto nos artigos 3º e 4º da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, serán obxecto de avaliación ambiental estratéxica (AAE) os instrumentos de ordenación do territorio regulados na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio.

O proceso de AAE do POL comeza coa elaboración do documento de inicio, que tivo entrada o 2 de febreiro de 2009 na Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da daquela Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, iniciándose o procedemento nº 816/2009. Tras o período de consultas, elabórase o documento de referencia que, de conformidade co que se dispón no artigo 9º da Lei 9/2006, do 28 de abril, guiará o procedemento de avaliación ambiental estratéxica, remitido o 3 de abril de 2009 pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible. O órgano promotor elaborou o informe de sustentabilidade ambiental (ISA), de acordo co que se dispón no artigo 8º da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente, seguindo os criterios contidos no documento de referencia redactado polo órgano ambiental. Redactado o Plan de Ordenación do Litoral, e antes da súa aprobación inicial, someteuse a informe das corporacións locais no seu ámbito de aplicación, das deputacións provinciais respectivas, e das entidades de carácter supramunicipal con incidencia na área, trámite para o cal se establece na lei o prazo de dous meses, dando cumprimento ao establecido no artigo 15º.2 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

De conformidade co que se establece no artigo 15º.3 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, por Orde do 23 de xullo de 2010, do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (DOG nº 145, do 30 de xullo), aprobouse inicialmente o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia, incluíndo o seu informe de sustentabilidade ambiental, e acordouse sometelo a información pública con todos os documentos que o integran, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, así como a fase de consultas prevista no documento de referencia, durante o prazo de dous meses contados a partir da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia, para os efectos establecidos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, co fin de que presentasen as alegacións e os informes que considerasen convenientes.

Conforme prevé o artigo 15º.3 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, solicitouse con data do 30 de xullo de 2010 informe da Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia, que o emitiu con data do 20 de decembro de 2010.

Finalizado o período de consultas e información pública, e analizadas as alegacións e suxestións presentadas, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realizou as modificacións procedentes e elaborou o texto refundido coas achegas e alegacións consideradas. Neste sentido, e de conformidade co disposto no artigo 12º da Lei 9/2006, do 28 de abril, remitiu ao órgano ambiental a documentación completa, así como a proposta de memoria ambiental. O órgano ambiental elaborou a correspondente memoria ambiental do procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

De conformidade...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR