Decreto 540/2005, do 13 de outubro, polo que se crea a Xunta Consultiva do Parque Natural do Invernadoiro.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Rango de LeyDecreto

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, crea a figura da Xunta Consultiva, un órgano colexiado de carácter asesor, para colaborar na xestión dos espazos naturais da Comunidade Autónoma de Galicia e canalizar a participación dos propietarios e os intereses sociais e económicos afectados. Esta figura vén substituír as antigas xuntas rectoras que, con carácter potestativo, existían na maior parte dos parques naturais galegos.

A Xunta Consultiva estará composta, cando menos, polo presidente desta e o director do espazo natural protexido, e nela haberán de estar representados os concellos onde se sitúa o espazo natural protexido, os propietarios de terreos incluídos neste, as persoas ou entidades que representen intereses sociais, institucionais ou económicos relevantes implicados e as entidades que teñan obxectivos fundamentais coincidentes coa finalidade do espazo natural protexido.

Por este motivo, créase esta Xunta Consultiva para colaborar coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible na xestión e administración do dito espazo protexido, prestándolle a asistencia necesaria para o mellor cumprimento das súas funcións.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de outubro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único
  1. Créase a Xunta Consultiva do Parque Natural do Invernadoiro, que colaborará coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible na xestión e administración do citado espazo natural, prestándolle a asistencia necesaria para o mellor cumprimento das súas funcións.

  2. Esta xunta estará integrada polos seguintes membros:

Presidente: unha persoa de recoñecido prestixio social no ámbito provincial do parque. Será nomeado polo conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, por proposta do director xeral de Conservación da Natureza.

Vicepresidente: o delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en Ourense.

Vogais:

-Un representante da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

-O xefe do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR