DECRETO 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyDecreto

As medidas adoptadas pola Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, para acadar unha maior eficiencia nos recursos públicos e obter unha maior produtividade dos recursos humanos, inclúe previsións en relación ao réxime económico aplicable aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico, e autoriza o Consello da Xunta para a súa adecuación conforme criterios obxectivos.

O presente decreto proporciona un marco de principios e criterios obxectivos para adecuar os conceptos retributivos e as percepcións económicas que resulten aplicables no sector público autonómico ao persoal incluído no ámbito de aplicación da norma.

A regulación responde aos principios de solidariedade, eficiencia e austeridade, ao que se engade na presente norma o principio de transparencia, e introduce criterios racionais e obxectivos para o axuste das remuneracións do persoal afectado.

En concreto, establécense os criterios para a clasificación en grupos das entidades instrumentais, así como os criterios para a clasificación en niveis dos postos de dirección, e fíxase unha limitación das contías máximas que poden corresponder aos postos no marco desta clasificación. Regúlase, asemade, o procedemento para a determinación dos grupos e niveis, proporcionando un tratamento uniforme para as distintas entidades do sector público autonómico.

Realízase, así, unha ordenación do sistema retributivo dos directivos de entes instrumentais que busca a reciprocidade entre traballo e retribución baixo o criterio de austeridade xeral, imperante en todo o sector público administrativo.

Por outra banda, o presente decreto vén transpoñer á normativa galega os principios e criterios recentemente adoptados para a súa aplicación ao sector público estatal en materia de indemnizacións por extinción das relacións xurídicas que dan lugar ao exercicio da función directiva.

O conxunto das medidas adoptadas pola presente disposición contribúen a acadar unha situación de equilibrio orzamentario sen menoscabar a prestación dos servizos públicos esenciais.

De conformidade co exposto, en uso das facultades atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Facenda, oído o Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día tres de maio de dous mil doce,

DISPOÑO:

CAPÍTULO IDisposicións xerais

Artigo 1 Obxecto.

O presente decreto ten por obxecto o desenvolvemento da Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia no que atinxe á adecuación, conforme criterios obxectivos, das retribucións e percepcións económicas aplicables ao persoal incluído no seu ámbito de aplicación.

Artigo 2 Ámbito subxectivo de aplicación.

As disposicións establecidas no presente decreto serán de aplicación a:

  1. Os órganos unipersoais de goberno e os membros dos consellos reitores das entidades reguladas no artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

  2. Os órganos unipersoais de goberno ou dirección e os membros dos consellos de administración ou os órganos equivalentes das entidades que integran o sector público autonómico de Galicia

  3. O persoal directivo das entidades a que se fai referencia nas alíneas a) e b) anteriores.

Artigo 3 Ámbito obxectivo de aplicación.
  1. O presente decreto será de aplicación ás entidades instrumentais que se indican a seguir:

    1. Os organismos autónomos, agás o Servizo Galego de Saúde.

    2. As axencias públicas autonómicas.

    3. As entidades públicas empresariais a que fai referencia o artigo 89 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

    4. Os consorcios autonómicos a que se refire o artigo 95 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

    5. As sociedades mercantís públicas autonómicas a que se refire o artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

    6. As fundacións públicas sanitarias e as demais fundacións do sector público da Comunidade Autónoma a que se refire o artigo 113 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

  2. Así mesmo, será de aplicación ao resto dos entes con personalidade xurídica propia en que a comunidade autónoma teña unha posición de control e achegue máis do 50% dos seus ingresos.

    CAPÍTULO IIClasificación das entidades instrumentais do sector público

Artigo 4 Criterios de clasificación.

Para os efectos do presente decreto as entidades instrumentais do sector público autonómico do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR