Decreto 68/2007, do 15 de marzo, polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2007.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Plan galego de estatística é, conforme o artigo 6 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, o instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística da Comunidade Autónoma de Galicia. Para o seu desenvolvemento e a súa execución o Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, aprobará un programa estatístico que terá a vixencia dun ano natural, conforme establece o artigo 9 da citada lei.

O Plan galego de estatística 2007-2011, aprobado pola Lei 16/2006, do 27 de decembro, prevé que os programas estatísticos anuais inclúan a relación de operacións estatísticas que satisfagan as súas metas de información, recollendo para cada unha delas as características que determina o seu artigo 11. Ademais, os programas poderán incluír unha relación doutras actividades estatísticas vinculadas aos obxectivos do plan.

En cumprimento do disposto no artigo 9 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, o proxecto do Programa estatístico anual 2007 foi elaborado polo Instituto

Galego de Estatística, despois do informe preceptivo do Consello Galego de Estatística.

En virtude de todo o anterior, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de marzo de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º Aprobación do Programa estatístico anual 2007.

De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, e no artigo 11 da Lei 16/2006, do 27 de decembro, do Plan galego de estatística 2007-2011, apróbase o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007. Este programa inclúe as operacións e outras actividades estatísticas que darán cumprimento aos obxectivos do plan, en particular aos obxectivos informativos plasmados nas metas de información estatística. Nos anexos I, II, III e IV recóllense, clasifícanse e descríbense estas actividades.

Artigo 2º Obxectivos organizativos e instrumentais.
  1. Coa finalidade de contribuír á estruturación e ao desenvolvemento da organización estatística de Galicia e conseguir un uso máis racional dos recursos

    e da información dispoñible, poderanse establecer acordos de colaboración entre os organismos da Administración autonómica e destes con outros de ámbito local, autonómico, estatal, europeo ou internacional.

  2. Desenvolveranse as actividades necesarias para asegurar a calidade e conexión do sistema estatístico cos usuarios, entre outras, a divulgación axeitada da información estatística de carácter oficial, a realización de proxectos de investigación estatística e a formación, tanto dos profesionais como dos usuarios. No anexo V ofrécese información máis detallada destas actividades.

Artigo 3º Carácter das operacións estatísticas.

As operacións incluídas nos programas anuais con proxecto técnico consideraranse oficiais após a publicación dos seus resultados.

Disposición adicional

As actividades estatísticas incluídas no presente programa levaranse a efecto dentro das dispoñibilidades orzamentarias existentes no estado de gastos do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2007.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o titular da Consellería de Economía e Facenda para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución da presente norma.

Segunda.-A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, quince de marzo de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda

Anexo I. Metas de información coas operacións e outras actividades estatísticas que as satisfán.

Anexo II. Operacións e outras actividades estatísticas por organismo responsable.

Anexo III. Descrición das operacións estatísticas.

Anexo IV. Descrición das outras actividades estatísticas.

Anexo V. Outras actividades de interese estatístico.

ANEXO I

Metas de información coas operacións e outras actividades estatísticas que as satisfán

  1. Territorio, recursos naturais e ambiente.

    1.1. Territorio e recursos naturais.

    1.1.1. Territorio e oferta e demanda de solo.

    1.1.2. Infraestruturas. Estradas e portos.

    11201 Capacidade das estradas competencia da comunidade autónoma. En proxecto.

    1.1.3. Estática e dinámica forestal. Superficies e repoboacións. Montes veciñais e comunidades de montes.

    11301 Explotación do rexistro de montes veciñais en man común. En curso.

    11302 Producións forestais. En curso.

    11303 Repoboación con fondos públicos. En proxecto.

    1.1.4. Incendios forestais.

    11401 Incendios forestais. En curso.

    1.1.5. Recursos naturais e biodiversidade.

    11501 Evolución das zonas de produción marisqueira. En proxecto.

    1.2. Ambiente.

    1.2.1. Ambiente atmosférico. Climatoloxía e calidade do aire.

    12101 Calidade do aire. En curso.

    12102 Climatoloxía. En curso.

    12103 Niveis polínicos. En curso.

    1.2.2. Reservas, calidade, depuración e usos das augas.

    12201 Calidade da auga. En proxecto.

    12202 Reservas de auga. En proxecto.

    12203 Sistema de información sobre calidade microbiolóxica das zonas de baño. En curso.

    1.2.3. Residuos urbanos e industriais.

    25205 Enquisa social: os fogares e o desenvolvemento sustentable. En proxecto.

    1.2.4. Infraccións e impacto ambiental.

    1.2.5. Indicadores ambientais.

    12501 Indicadores ambientais. En proxecto.

  2. Poboación e condicións sociais.

    2.1. Poboación.

    2.1.1. Poboación e movementos migratorios.

    21101 Indicadores demográficos. En curso.

    21102 Enquisa da poboación inmigrante. En proxecto.

    AE201 Nomenclátor e padrón municipal de habitantes.

    AE301 Explotación do movemento natural da poboación.

    AE302 Explotación dos movementos migratorios.

    AE407 Panorama demográfico de Galicia.

    2.1.2. Proxeccións demográficas. Poboación e fogares.

    2.2. Sanidade.

    2.2.1. Atención primaria e procesos hospitalarios. Listas de espera.

    22101 Conxunto mínimo básico de datos hospitalarios. En curso.

    22102 Explotación do rexistro galego de interrupcións voluntarias do embarazo. En curso.

    22103 Análise das listas de espera. En proxecto.

    2.2.2. Prestación farmacéutica.

    22201 Sistema de información de prestación farmacéutica. En proxecto.

    2.2.3. Estado xeral da saúde da poboación, en particular cobertura vacinal e condutas de risco.

    22301 Enquisa de cobertura vacinal. En proxecto.

    22303 Sistema de información sobre condutas de risco. En proxecto.

    2.2.4. Morbilidade e o seu impacto sobre o mercado laboral.

    22101 Conxunto mínimo básico de datos hospitalarios. En curso.

    22401 Enfermidades de declaración obrigatoria. En curso.

    22402 Explotación do rexistro galego da SIDA. En curso.

    22403 Explotación do rexistro galego de tuberculose. En curso.

    22404 Explotación do rexistro galego de tumores. En proxecto.

    2.2.5. Mortalidade por causas.

    22501 Análise da mortalidade. En curso.

    22502 Mortalidade por reacción aguda ao consumo de drogas. En curso.

    2.2.6. Consumo de drogas e asistencia a persoas drogodependentes.

    22601 Estudo epidemiolóxico do consumo de drogas. En curso.

    22602 Sistema de avaliación asistencial de drogodependencias. En curso.

    2.3. Educación e capital humano.

    2.3.1. Ensino preobrigatorio, obrigatorio e postobrigatorio non universitario.

    23202 Probas de acceso á universidade. En proxecto.

    23101 Datos estatísticos do ensino non universitario. En curso.

    2.3.2. Ensino universitario, coa inclusión do acceso e da oferta e demanda de titulacións.

    23201 Datos estatísticos do sistema universitario de Galicia. En curso.

    23202 Probas de acceso á universidade. En proxecto.

    2.3.3. Tránsito do sistema educativo ao mercado laboral.

    23301 Panel de inserción laboral dos titulados do sistema universitario galego. En proxecto.

    23302 Inserción laboral dos titulados de formación profesional. En proxecto.

    2.3.4. Formación non regrada, coa inclusión da realizada no seo das empresas.

    23401 Estatística de escolas obradoiro e casas de oficio. En curso.

    23402 Formación profesional ocupacional. En proxecto.

    2.4. Mundo laboral.

    2.4.1. Sinistralidade e outras condicións de traballo. Accións preventivas.

    24101 Entidades formativas en prevención de riscos laborais. En proxecto.

    24102 Sinistralidade laboral. En curso.

    24103 Enquisa de condicións de vida. Condicións no traballo. En curso.

    2.4.2. Concertación laboral, onde se inclúen conciliacións, negociación colectiva e eleccións sindicais.

    24201 Conciliacións individuais e colectivas. En curso.

    24202 Eleccións sindicais. En curso.

    24203 Negociación colectiva. En proxecto.

    2.4.3. Conflitividade laboral, onde se inclúen infraccións, sancións, folgas, peches patronais e regulación de emprego.

    24301 Folgas e peches patronais. En curso.

    24302 Infraccións e sancións na orde social. En curso.

    24303 Regulación de emprego. En curso.

    2.4.4. Actividade, ocupación e desemprego, con especial atención á caracterización deste último.

    24401 Apertura de centros de traballo. En curso.

    24402 Centros especiais de emprego. En curso.

    24403 Datos sobre as ocupacións máis contratadas. En reestruturación.

    24404 Empresas de traballo temporal. En curso.

    24405 Enquisa aos demandantes de emprego. En proxecto.

    24406 Explotación do rexistro de contratos laborais. En cumprimento.

    24407 Sistema de indicadores do mercado de traballo. En proxecto.

    24408 Informe do paro rexistrado. En cumprimento.

    AE218 Indicadores do mercado laboral.

    AE303 Explotación da enquisa de poboación activa.

    AE304 Explotación das afiliacións á seguridade social.

    AE405 Tendencias do emprego.

    AE501 Estudo sobre a relación coa actividade da poboación xuvenil.

    2.5. Benestar, emprego do tempo e participación social.

    2.5.1. Poboación dependente e segmentos sociais con máis necesidades potenciais.

    25101 Explotación do censo de persoas con minusvalidez. En curso.

    25102 Explotación do rexistro de fundacións e entidades de iniciativa social. En curso.

    ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR