DECRETO 39/2014, do 13 de marzo, polo que se dispón a substitución dun membro do Consello Escolar de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyDecreto

De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, no artigo 16.1.c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á designación formalizada pola Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos (Congapa), por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trece de marzo de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cese Jorge Javier Villarino Rey como membro do Consello Escolar de Galicia, en representación dos pais e nais, proposto pola Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos (Congapa).

Artigo 2

Nomear membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación dos pais e nais proposto pola Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos (Congapa), a María José Mansilla Chao.

Artigo 3

O mandato do novo membro será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que ten.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de marzo de dous mil catorce

Alberto Núñez FeijóoPresidente

Jesús Vázquez AbadConselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Ir á anterior Ir á sección Ir á seguinte

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR