Decreto 293/2003, do 4 de xuño, polo que se crea o premio Galicia-Medio Ambiente e se establecen as súas modalidades.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Rango de LeyDecreto

A Consellería de Medio Ambiente é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que ten atribuídas as competencias e funcións

que en materia de ambiente e conservación da natureza se establecen nos artigos 27.10º, 11º, 15º e 30º e 29.4º do Estatuto de autonomía de Galicia e demais normativa de aplicación. Ademais, e de conformidade co disposto no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, en concreto, no artigo 8, punto 2.2, realizará as funcións relativas á formación e consolidación dunha conciencia social para a protección e mellora do contorno. O premio Galicia-Medio Ambiente ten como finalidade potenciar unha cultura ambiental na Comunidade Autónoma, mediante o recoñecemento de empresas, concellos, universidades e centros de investigación e centros educativos non universitarios que traballen e destaquen na defensa dos valores ambientais en diferentes ámbitos da Comunidade Autónoma galega, así como promove-la difusión de tales valores pola repercusión que estes premios teñen nos medios de comunicación e sobre a opinión pública.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do catro de xuño de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

Crea-lo premio Galicia-Medio Ambiente en recoñecemento ó traballo das empresas, concellos, universidades e centros de investigación e centros de educación non universitaria que desenvolvan un labor significativo no estudio, coidado e promoción do medio.

Artigo 2º Modalidades e destinatarios.

O premio Galicia-Medio Ambiente outorgarase nas seguintes modalidades e destinatarios:

  1. Para empresas:

    -Mellor iniciativa empresarial en sustentabilidade (empresa sustentable).

  2. Para concellos:

    -Mellor acción local en desenvolvemento sustentable e na conservación da biodiversidade.

  3. Universidades e centros de investigación:

    -Mellor traballo de investigación científica sobre temática ambiental.

  4. Centros educativos non universitarios:

    -Mellor iniciativa ou actividade escolar no ámbito medioambiental.

Artigo 3º O premio.

O premio, en tódalas súas convocatorias, dará dereito a unha placa acreditativa e levará consigo unha dotación económica que se fixará na orde de convocatoria. O importe...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR