Decreto 66/2004, do 4 de marzo, polo que se modifican os estatutos da Sociedade Galicia Calidade, S.A.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Galicia Calidade, S.A., é unha sociedade pública autonómica constituída o 17 de xullo de 1995 como entidade encargada da xestión e administración en xeral da primeira marca de garantía da Comunidade Autónoma Galicia Calidade, encomendándoselle en particular o outorgamento das licencias da marca e o exercicio de medidas de control eficaces sobre a natureza, calidade e características dos produtos e servizos elaborados ou distribuídos ao abeiro do devandito signo distintivo.

O artigo 22 dos estatutos sociais de Galicia Calidade, S.A. facultan o Consello de Administración da sociedade para outorgar as licencias de uso da marca de garantía que lle dá nome, exixindo informe preceptivo e vinculante das consellerías competentes en materia de agricultura e de pesca cando se tratase de produtos incluídos nos seus respectivos ámbitos de competencia.

Na actualidade, estando prevista a creación pola Xunta de Galicia doutra marca de garantía de utilización exclusiva para produtos agroalimentarios de excelencia, faise preciso adaptar o proceso de concesión de licenzas de uso da marca Galicia Calidade a esta nova situación; adecuando tamén a composición do Consello de Administración da sociedade á composición actual dos órganos de goberno da Xunta de Galicia.

Así mesmo, considérase axeitado e por razóns de sistemática suprimir as remisións que se fan a normas legais xa derrogadas así como cambiar a orde de determinados artigos dos estatutos sociais de Galicia Calidade, S.A., aprobados polo Decreto 382/1994, do 15 de decembro.

Polo que de conformidade co disposto nos artigos 45 e seguintes da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e no artigo 111 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve, e por proposta do conselleiro de Economía e Facenda logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia,

na súa reunión do día catro de marzo de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo único Modifícanse os estatutos da sociedade Galicia Calidade, S.A., aprobados polo Decreto 382/1994, do 15 de decembro, do seguinte xeito:
  1. Modifícase a redacción dos seguintes artigos:

Punto 2 do artigo 8º:

  1. O alleamento dos títulos representativos do capital que sexan propiedade da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR