Decreto 160/2007, do 26 de xullo, polo que se aproban os estatutos do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

De acordo co establecido no artigo 150.2 da Constitución española, a Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma galega, transfire no marco da lexislación básica do Estado, o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de corporacións de dereito público representativas de intereses económicos e profesionais, complementando así o ámbito competencial determinado no artigo 27.29º do Estatuto de autonomía de Galicia.

A transferencia en materia de colexios oficiais ou profesionais fíxose efectiva a través do Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo, e asumiuse polo Decreto 337/1996, do 13 de setembro, da Xunta de Galicia.

A Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, ditada en virtude da citada competencia, dispón no seu artigo 16, en relación co 18, que os colexios profesionais gozarán de autonomía para a elaboración, aprobación e modificación dos seus estatutos, sen máis límites que os establecidos polo ordenamento xurídico.

Mediante o Decreto 70/2005, do 31 de marzo, aprobáronse os Estatutos do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

O Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, acordou, na asemblea xeral extraordinaria cque tivo lugar o 12 de maio de 2007, a aprobación dos novos estatutos de conformidade coa Lei 11/2001. Os devanditos estatutos foron comunicados á Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para os efectos da súa aprobación definitiva, despois da cualificación de legalidade.

Tendo en conta o exposto, en virtude do uso da competencia que ten atribuída polo artigo 34.5 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e seis de xullo de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo único

Aprobar, por seren adecuados á legalidade, os estatutos do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, que figuran como anexo este decreto.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 70/2005, do 31 de marzo, de aprobación dos Estatutos do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e seis de xullo de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Estatutos do Colexio de Enxeñeiros Industriais

de Galicia

Indice

Capítulo I. Disposicións xerais.

Artigo 1 Marco legal.
Artigo 2 Personalidade xurídica.
Artigo 3 Relación coas administracións.
Artigo 4 Alcance.
Artigo 5 Ámbito territorial.

Capítulo II. Fins, funcións e facultades do colexio.

Articulo 6. Fins e funcións do colexio.

Artigo 7 Facultades do colexio.
Artigo 8 Visado.

Capítulo III. Colegiación. Dereitos e obrigas dos colexiados.

Artigo 9 Colexiación
Artigo 10 Requisitos xerais de colexiación.
Artigo 11 Aceptación provisional de solicitudes.

Articulo 12.Aceptación definitiva.

Artigo 13 Motivos de denegación.
Artigo 14 Efectos xerais da aceptación.
Artigo 15 Dereitos dos colexiados.
Artigo 16 Obrigas dos colexiados.
Artigo 17 Perda da condición de colexiado.

Capítulo IV. Organizacion xeral do colexio.

Artigo 18 Órganos esenciais.
Artigo 19 Estatutos.
Artigo 20 Organización territorial.

Capítulo V. Xuntas xerais.

Artigo 21 Xunta Xeral.
Artigo 22 Funcións da Xunta Xeral.
Artigo 23 Xunta Xeral ordinaria.
Artigo 24 Orde do día das xuntas xerais ordinarias.
Artigo 25 Xunta Xeral extraordinaria.
Artigo 26 Orde do día da Xunta Xeral extraordinaria.
Artigo 27 Convocatoria da Xunta Xeral.
Artigo 28 Constitución da Xunta Xeral.
Artigo 29 Realizaciónn da Xunta Xeral.
Artigo 30 Normas de procedemento.
Artigo 31 Acordos.
Artigo 32 Actas.
Artigo 33 Rendición de contas.

Capítulo VI. Xunta de goberno

Artigo 34 Natureza e composición.
Artigo 35 Funcións e competencias da Xunta de Goberno.
Artigo 36 Reunións da Xunta de Goberno.
Artigo 37 Comisións e relatorios.
Artigo 38 Atribucións do decano.
Artigo 39 Atribucións do vicedecano.
Artigo 40 Atribucións do secretario.
Artigo 41 Atribucións do interventor.
Artigo 42 Atribucións do tesoureiro.
Artigo 43 Atribucións dos vogais da Xunta de Goberno.

Capítulo VII. Sede central. Delegacións

Artigo 44 Sede central.
Artigo 45 Delegacións.
Artigo 46 Organización e funcionamento das delegacións.
Artigo 47 Atribucións e obrigas das delegacións.
Artigo 48 Adscrición a unha delegación.
Artigo 49 Modificación, creación ou supresión de delegacións.

Capítulo VIII. Eleccións.

Artigo 50 Tipos de eleccións e lugar destas.
Artigo 51 Censos electorais.
Artigo 52 Convocatoria de eleccións xerais, proclamación de candidatos.
Artigo 53 Formas de votación.
Artigo 54 Xunta Electoral e mesa electoral.
Artigo 55 Votación e escrutinio.
Artigo 56 Casos especiais.
Artigo 57 Vacantes.
Artigo 58 Toma de posesión.
Artigo 59 Eleccións nas delegacións.

Capítulo IX. Recursos economicos.

Artigo 60 Recursos ordinarios do colexio.
Artigo 61 Recursos extraordinarios do colexio.
Artigo 62 Recursos económicos da sede central.
Artigo 63 Recursos económicos das delegacións.
Artigo 64 Movemento de fondos.

Capítulo X. Persoal contratado.

Artigo 65 Persoal administrativo e subalterno.

Capítulo XI. Réxime de distincións.

Artigo 66 Distincións.

Capítulo XII. Réxime xurídico dos actos e da súa impugnación.

Artigo 67 Dereito aplicable.
Artigo 68 Recursos.
Artigo 69 Xurisdición contencioso-administrativa.

Capítulo XIII. Xurisdiccion disciplinaria.

Artigo 70 Responsabilidade disciplinaria.
Artigo 71 Faltas sancionables.
Artigo 72 Sancións.
Artigo 73 Rehabilitación e cancelación de antecedentes.
Artigo 74 Tramitación do expediente.

Capítulo XIV. Modificacion dos estatutos. Disolucion do colexio.

Artigo 75 Supostos de modificación.
Artigo 76 Normativa a seguir en casos de modificación.
Artigo 77 Acordos e procedemento de cambio de denominación do colexio.
Artigo 78 Acordos e procedemento de fusión, absorción ou segregación.
Artigo 79 Acordo e procedemento de disolución.

Disposición final.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Marco legal.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia constituíuse en cumprimento do Decreto 118/1949, do Ministerio de Industria e Comercio, segundo o establecido nos estatutos xerais dos colexios de enxeñeiros industriais, aprobados pola orde do mesmo ministerio do 6 de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR