Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproban definitivamente as directrices de ordenación do territorio.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

A Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, configura as directrices do ordenación do territorio (DOT) como un instrumento de carácter global, expresión da política territorial, que debe constituír o marco xeral de referencia establecendo as pautas espaciais de asentamento das actividades, de acordo coas políticas sociais, económicas e culturais emanadas da comunidade, integrando, se é o caso, as emanadas desde o Estado, así como as propostas que xurdan desde as entidades locais.

O Decreto 316/2009, do 4 de xuño, fixa a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. O artigo 1º do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, establece que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é o órgano de administración da comunidade autónoma ao cal lle corresponden as competencias e funcións en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, vivenda e solo, infraestruturas e mobilidade consonte o establecido no Estatuto de autonomía de Galicia, nos termos sinalados na Constitución española. O artigo 4º do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, sinala que o conselleiro é a autoridade superior da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e con tal carácter está investido das atribucións enumeradas no artigo 34º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia.

De conformidade co artigo 10º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, correspóndelle á consellería competente en materia de política territorial a dirección e preparación do avance das directrices de ordenación do territorio, e segundo o artigo 6º da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, para os efectos establecidos na Lei 9/2006, do 28 de abril, correspóndenlle, así mesmo, á consellería competente en materia de ordenación do territorio, no que atinxe á avaliación estratéxica das directrices, as funcións correspondentes ao órgano promotor.

A formulación e aprobación das directrices de ordenación do territorio axustáronse ao procedemento establecido no artigo 10º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e artigo 7º da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.

Así, o Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa reunión do 29 de febreiro de 1996, iniciar o procedemento de elaboración das directrices de ordenación do territorio, que se publicou no Diario Oficial de Galicia número 45, do 6 de marzo de 1997.

Consonte o disposto nos números 2, 3 e 4 do citado artigo 10º, a consellería competente en materia de política territorial elaborou o avance das directrices, que foi remitido a todas as consellerías, á Administración do Estado, ás administracións locais e a máis de 500 entidades públicas e privadas para que achegasen cantas observacións, propostas e alternativas considerasen oportunas.

Igualmente, e en cumprimento da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, as directrices de ordenación do territorio sometéronse a avaliación ambiental estratéxica e tramitáronse simultaneamente co procedemento legalmente establecido para a súa aprobación.

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aprobou inicialmente as directrices de ordenación do territorio mediante a Orde do 24 de xuño de 2010, incluíndo o informe de sustentabilidade ambiental, na que se acordou así mesmo someter a información pública as directrices de ordenación do territorio aprobadas inicialmente con todos os documentos que as integran, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, durante o prazo de dous meses contados a partir da publicación da orde (no Diario Oficial de Galicia nº 123, do 30 de xuño de 2010) para os efectos establecidos na Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente. Así mesmo, o acordo de aprobación inicial publicouse no Boletín Oficial del Estado e en dous xornais dos de maior circulación na comunidade autónoma e remitiuse o seu texto íntegro á Delegación do Goberno na comunidade autónoma e ás deputacións provinciais, así como aos concellos.

Logo da publicación do acordo de aprobación inicial no Diario Oficial de Galicia abriuse un prazo de información pública de dous meses, dentro do cal as distintas administracións e entidades públicas e privadas puideron expoñer cantas observacións e suxestións consideraron convenientes, quedando exposta a documentación das directrices nos lugares que para o efecto se sinalaron.

Finalizado o período de consultas e información pública, e analizadas as alegacións e suxestións presentadas, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, realizou as modificacións procedentes e elaborou o texto refundido coas achegas e alegacións consideradas. Neste sentido e de acordo co artigo 12º da Lei 9/2006, do 28 de abril, remitiu ao órgano ambiental a documentación completa tomando en consideración o informe de sustentabilidade, as alegacións e os informes presentados no período de consultas, e o informe sobre o proceso de participación pública, así como a proposta de memoria ambiental. O órgano ambiental elaborou a correspondente memoria ambiental dentro do procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

Solicitado da Consellería de Facenda o preceptivo informe previo á aprobación provisional, este foi emitido en sentido favorable.

Mediante Orde do 3 de decembro de 2010 do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas apróbanse provisionalmente as directrices de ordenación do territorio, elevándose ao Consello da Xunta de Galicia e déuselles traslado ao Parlamento de Galicia para a súa tramitación de acordo co disposto para os plans e programas remitidos pola Xunta no Regulamento do Parlamento de Galicia.

O artigo 117º.2 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, establece que, concluída a tramitación do plan ou normas de que se trate e inmediatamente antes da aprobación definitiva, a Administración competente dará traslado á do Estado do contido daquel para que no prazo de dous meses se pronuncie sobre el, informe que a Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e o Mar emitiu con carácter favorable o 20 de xaneiro de 2011.

As directrices de ordenación do territorio constitúen o primeiro instrumento de ordenación territorial que establece as regras para a implantación dos usos e actividades (servizos, dotacións, actividades produtivas, entre outras) en coherencia coas necesidades sociais, económicas, culturais e ambientais.

Establécese un sistema de asentamentos graduado e que cobre axeitadamente a totalidade do territorio galego, un sistema de asentamentos harmónico e compensado. O sistema urbano proposto inclúe catro niveis básicos de asentamentos que estruturan a totalidade do territorio. Estes niveis son: as rexións e áreas urbanas, o sistema urbano intermedio, os nodos para o equilibrio do territorio e os núcleos principais municipais e parroquiais. Diferénciase a planificación territorial das rexións e áreas urbanas da organización administrativa supramunicipal. Neste sentido, formúlase que serán posteriores plans territoriais integrados (PTI) os que delimiten as rexións e áreas urbanas unha vez estudadas en detalle.

Respecto dos espazos rurais, estes ocupan a meirande parte da superficie do territorio. Con base na función que desempeñan dentro do conxunto do sistema territorial é posible diferenciar tres tipos principais de espazos rurais: os integrados, os intermedios e os periféricos. Para estes espazos establécense estratexias para o fortalecemento do espazo rural. Nas DOT recóllense como áreas estratéxicas de conservación a totalidade dos espazos naturais protexidos pola lexislación de conservación da natureza, e amplíanse con outros que teñen valor en si mesmos ou serven de nexos para crear un sistema en rede natural de Galicia, sen esquecer o papel de conexión entre os distintos sistemas de interese ecolóxico.

No tocante ao patrimonio cultural, resáltase a importancia da identificación e caracterización dos elementos patrimoniais para a súa posta en valor.

As directrices de ordenación do territorio de Galicia apostan pola sustentabilidade, a cohesión social e un crecemento económico equilibrado, obxectivos do instrumento marco da ordenación do territorio, son un instrumento que permite preservar e potenciar aqueles elementos de identidade e de diferenciación do territorio e, ao mesmo tempo, xerar novas opcións que contribúan a reforzar o seu atractivo e as súas potencialidades de cara a favorecer o benestar colectivo da sociedade. As DOT configúranse así como un apoio á planificación municipal, fixando o marco global de referencia e, en definitiva, os criterios para a elaboración dos plans urbanísticos, proporcionándolle seguridade territorial e xurídica.

O artigo 4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia (modificado pola Lei 6/2007, do 11 de maio), establece que as disposición normativas dos instrumentos de ordenación do territorio se publicarán no DOG para a súa entrada en vigor.

Visto canto antecede, de acordo co disposto no artigo 10º.8 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no artigo 37º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do dez de febreiro de dous mil once,

DISPOÑO:

Artigo único Aprobación definitiva das directrices de ordenación do territorio.

Apróbanse definitivamente as directrices de ordenación do territorio de Galicia, de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR