Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, establece como un dos seus obxectivos básicos o fomento e posta en valor dos produtos alimentarios cunha calidade diferenciada, para o que recolle diversas medidas, entre as cales destacan as conducentes á potenciación das denominacións xeográficas de calidade, isto é, as denominacións de orixe e as indicacións xeográficas protexidas, os viños de mesa con indicación xeográfica (tamén denominados viños da terra) e os distintos tipos de viños de calidade producidos en rexións determinadas (VCPRD), así como as denominacións xeográficas de bebidas espirituosas.

En materia de denominacións xeográficas, o artigo 10 desa lei refírese ao seu procedemento de recoñecemento, sinalando que a súa solicitude se efectuará perante a consellería competente segundo a natureza de produto do que se trate, na forma que regulamentariamente se estableza.

Por outra parte, a citada lei establece, no seu artigo 12, que os consellos reguladores das denominacións xeográficas do sector alimentario existentes no ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega se constitúen como corporacións de dereito público, ás cales se atribúe a xestión da respectiva denominación coas funcións que determina esa lei e as normas regulamentarias que a desenvolvan, así como os seus respectivos regulamentos.

A lexislación anterior, constituída basicamente pola Lei 25/1970, do 10 de decembro, do estatuto da viña, do viño e dos alcohois, configurou os consellos reguladores como órganos desconcentrados da Administración, sen personalidade xurídica propia. A realidade dos feitos demostrou as deficiencias deste sistema, por supor un importante obstáculo á súa capacidade de actuación e funcionamento, limitándolles a posibilidade de realizaren diversas actuacións, como a sinatura de convenios, a subscrición de préstamos, a capacidade contractual, etc., necesarias para o correcto exercicio das súas misións.

Por iso, a Lei 2/2005, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, dotou os consellos reguladores de personalidade xurídica propia, autonomía económica e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins, exercendo a consellería competente segundo a natureza do produto de que se trate -agrario ou pesqueiro-, a tutela administrativa sobre eles.

Así mesmo, esta lei establece que serán obxecto de desenvolvemento regulamentario cuestións inter

nas destes órganos, tales como a súa constitución, estrutura e réxime de funcionamento.

Por outra parte, o decreto da Xunta de Galicia, 63/2002, do 28 de febreiro, regulou os procesos electorais para a renovación de membros dos consellos reguladores das denominacións de calidade en materia agroalimentaria. Porén, a nova natureza xurídica con que a Lei 2/2005 dota estes órganos, e a conseguinte asunción por parte deles de novas funcións, entre elas a organización dos seus procesos electorais, fai necesaria tamén a modificación do seu réxime electoral, e con isto, da norma citada. Para iso o capítulo VI establece na súa sección 1ª as normas básicas ás que deben someterse con carácter xeral estes procesos, recollendo a sección 2ª unha serie de normas complementarias para aplicar naquelas denominacións que voluntariamente as decidan asumir, para deste xeito facilitarlles a realización destes procesos a aqueles consellos reguladores que teñan unha menor capacidade organizativa. Ademais, a disposición transitoria primeira recolle as condicións particulares que se aplicarán aos primeiros procesos electorais que se celebren despois da aprobación deste decreto nos consellos reguladores existentes con anterioridade á súa entrada en vigor, tendo en conta que nese momento aínda carecerán de personalidade xurídica propio, ao non estaren constituídos como corporacións de dereito público ata a aprobación do seu novo regulamento particular en que se recolla esta condición.

Por iso, o presente decreto tenta dar resposta ao mandato contido na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, de desenvolver cantos aspectos sexan necesarios para a tramitación das solicitudes de recoñecemento das denominacións xeográficas de calidade, así como para a adecuación dos seus consellos reguladores á nova situación real e normativa creada.

Por iso, por iniciativa do conselleiro do Medio Rural e da conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e en virtude das competencias que á Comunidade Autónoma se lle atribúen no artigo 30. I. 4 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confiren os artigos 26 e 37 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, oído o Consello Consultivo de Galicia, despois da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de xaneiro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto.

O presente decreto regula as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e o réxime xurídico e de funcionamento dos seus órganos de xestión.

Artigo 2º Ámbito material e territorial de aplicación.
  1. Este decreto é de aplicación aos produtos orixinarios da comunidade autónoma de Galicia acollidos ou que pretendan acollerse a unha denominación xeográfica de calidade, e aos seus consellos reguladores, sen prexuízo do establecido nas disposicións adicionais primeira e segunda.

  2. Conforme dispón o artigo 7 da Lei 2/2005, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, enténdense por denominacións xeográficas de calidade as denominacións de orixe e as indicacións xeográficas protexidas reguladas actualmente no R (CE) 510/2006, do 20 de marzo; as denominacións xeográficas de bebidas espirituosas a que se refire o R (CEE) 1576/1989, do 29 de maio; e os viños de mesa con indicación xeográfica (tamén denominados viños da terra) e as distintas categorías de viños de calidade producidos en rexións determinadas (v.c.p.r.d) que se inclúen no R (CEE) 1493/1999, do 17 de maio, e normativa concordante.

Capítulo II

Recoñecemento das denominacións xeográficas de calidade e dos seus consellos reguladores

Artigo 3º Solicitude de recoñecemento dunha denominación xeográfica dun produto do sector alimentario incluído no ámbito do Regulamento (CE) 510/2006, do Consello.
  1. Poderá solicitar unha denominación xeográfica dun produto do sector...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR