Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, polo que se regula a cualificación dos deportistas galegos de alto nivel e os programas de beneficios dirixidos a estes.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO
Rango de LeyDecreto

O artigo 27 do Estatuto de autonomía de Galicia recolle, no seu punto 22, a competencia exclusiva da Comunidade Autónoma galega na «promoción deportiva e a axeitada utilización do lecer». Reco

llendo esta asunción de competencia exclusiva, procedeuse á aprobación da Lei 11/1997, do 22 de agosto, xeral do deporte de Galicia, pola que se pretende a plena efectividade do feito e dereito deportivo na nosa Comunidade Autónoma.

No concreto ámbito do deporte de alto nivel, o artigo 46.3º da lei establece que «independentemente da clasificación xeral de deportistas de alto nivel e das medidas que se establecen na lexislación do Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia poderá realizar unha clasificación propia de deportistas galegos de alto nivel, de acordo coas federacións deportivas galegas, para efectos do ámbito galego, e que será publicada no Diario Oficial de Galicia, ós que lle serán de aplicación os beneficios que se establecerán regulamentariamente».

Ó abeiro desta previsión legal e consultadas as federacións deportivas galegas, apróbase este decreto polo que se establecen as bases para o recoñecemento dunha atención ós deportistas que obteñan a condición de deportistas galegos de alto nivel, ben por tratarse de novas promesas deportivas próximas a unha situación de alta excelencia deportiva ou ben por atoparse xa na dita situación.

No marco desta atención integral da que se poderán beneficiar tódolos deportistas galegos de alto nivel, configúrase un programa específico de axudas dirixido, exclusivamente, a algúns destes deportistas, e no que se inclúen medidas específicas, basicamente de índole económica, tendentes a facilitar e incentiva-la dedicación ó deporte de alto nivel.

Deste xeito, a través deste decreto, acométese a atención das diferentes realidades e necesidades inherentes ás altas cotas de esixencia que a excelencia deportiva leva consigo tanto para a súa consecución como para o seu mantemento, e isto a través dun sistema global de axudas e estímulos que permita atender axeitadamente aquelas realidades e necesidades.

Atendendo a todas estas consideracións, oído o dictame do Consello Consultivo de Galicia, e por proposta da conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, en uso das atribucións que lle son concedidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e logo de deliberación da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de xaneiro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto.

O obxecto do presente decreto é o recoñecemento da cualificación de deportistas galegos de alto nivel, así como a regulamentación dos beneficios e axudas que, para estes estableza a Administración autonómica de Galicia.

Artigo 2º Definicións.
  1. Para os efectos do presente decreto, considérase deporte de alto nivel a práctica deportiva de interese para a Comunidade Autónoma, pola súa función representativa de Galicia nas actividades deportivas de proxección nacional e internacional.

    Neste sentido, o deporte de alto nivel refírese ó estadio no que se integran os deportistas que participan, ou teñen como obxectivo participar, nas competicións e actividades do máximo nivel organizadas ou recoñecidas polas federacións deportivas, nacionais e internacionais.

    O alto nivel inclúe dúas fases diferenciadas, a tecnificación deportiva e o alto rendemento deportivo. Enténdese por tecnificación deportiva a etapa formativa, previa ó alto rendemento, onde se desenvolve o perfeccionamento técnico e deportivo do novo deportista. Pola súa parte, o alto rendemento é a etapa da máxima excelencia deportiva e nivel de competición.

  2. Considérase deportista galego de alto nivel aquel que, reunindo os requisitos previstos neste decreto, sexa recoñecido como tal por resolución da consellería competente en materia de deportes.

  3. A condición de deportista galego de alto nivel é compatible co disfrute de tal condición ó abeiro da normativa estatal.

    Capítulo II

    Do recoñecemento da cualificación de

    deportistas galegos de alto nivel

Artigo 3º Destinatarios e requisitos.

Os requisitos para obte-la condición de deportista galego de alto nivel son os seguintes:

  1. Ter veciñanza administrativa en Galicia no momento da solicitude de recoñecemento e durante o desfrute dos beneficios derivados desta.

  2. Ter máis de 16 anos na data na que se adopte a resolución de recoñecemento.

  3. Estar en posesión dunha licencia deportiva vixente expedida por unha federación deportiva galega dunha modalidade olímpica, paralímpica ou de proxección internacional notoria, desde, alomenos, o un de xaneiro do ano anterior ó do recoñecemento.

  4. Non estar cumprindo sanción disciplinaria deportiva firme de carácter moi grave, ou sanción administrativa firme...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR