Decreto 137/2005, do 12 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 131 Plan de obras e servizos 2004 Paradela-estrada provincial de Pacios por Aldosende a Currelos. Alargamento e mellora do punto quilométrico 0,300 ao 0,900 (termo municipal de Paradela).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día vinte e catro de setembro de dous mil catro, aprobou o proxecto da obra nº 131 Plan de obras e servizos 2004 Paradela-estrada provincial de Pacios por Aldosende a Currelos. Alargamento e mellora do punto quilométrico 0,300 ao 0,900 e, na sesión do trinta e un de xaneiro de dous mil cinco, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitado informe á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, este foi emitido favorablemente.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, as obras que se van realizar consisten no ensanche da plataforma e aumento do radio das curvas e mellora de rasante, dunha vía de comunicación que conta na actualidade con características de trazado moi restritivas en largo de calzada e visibilidade, dado o accidentado do terreo e a antigüedade da súa construción, o que afecta de maneira significativa á seguridade viaria tanto do tráfico rodado como peonil, que veñen experimentando un aumento notable como consecuencia do desenvolvemento da zona, polo que a actuación proxectada reduciría o risco potencial de accidentes de tráfico.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR