Decreto 167/2004, do 7 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 315 Plan Operativo Local 2003 Negueira de Muñiz. O Acevo-Negueira de Muñiz, alargamento e mellora do punto quilométrico 10,4 ao 12 (concello de Negueira de Muñiz).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día oito de agosto de dous mil tres, aprobou o proxecto da obra nº 315 Plan Operativo Local 2003 Negueira de Muñiz. O Acevo-Negueira de Muñiz, alargamento e mellora punto quilométrico 10,4 ao 12 e, na sesión do vinte e nove de marzo de dous mil catro, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día dezasete de xuño de dous mil catro.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, a actuación é necesaria por ser a única vía de comunicación da zona do Acevo co municipio de Negueira de Muñiz, sendo ademais porta de acceso ao Principado de Asturias, a citada estrada presenta unha grande perigosidade ao situarse en terreos de fortes pendentes, cunhas curvas moi estreitas, o que supón un grave risco

para o tráfico rodado no cruzamento de vehículos, polo que a ampliación do raio das curvas é de suma...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR