Decreto 124/2006, do 20 de xullo, polo que se derroga parcialmente o Decreto 427/2001, do 11 de decembro, polo que se aproba o texto do Regulamento de funcionamento interno dos centros de reeducación para menores e mozos sometidos a medidas privativas de liberdade.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorVICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR
Rango de LeyDecreto

O día 13 de xaneiro de 2001 entrou en vigor a Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, prevíndose no seu articulado o seu desenvolvemento regulamentario.

En vista da ausencia do dito desenvolvemento regulamentario, e ao abeiro das posibilidades ofrecidas pola Lei 5/2000 na disposición derradeira sétima, onde se establece no seu punto segundo que «durante o prazo mencionado no punto anterior, as comunidades autónomas con competencia respecto á protección e reforma de menores adaptarán a súa normativa para a adecuada execución das funcións que lles outorga esta lei» aprobouse na Comunidade Autónoma de Galicia o Decreto 427/2001, do 11 de decembro, polo que se aproba o texto do Regulamento de funcionamento interno dos centros de reeducación para menores e mozos sometidos a medidas privativas de liberdade, que ten por obxecto, como se pon de manifesto no seu artigo 1º «a regulación da execución pola Comunidade Autónoma de Galicia, das medidas privativas de liberdade e medidas cautelares de internamento que se impoñan polos xuíces de menores, de conformidade coa Lei orgánica 5/2000, e da actividade interna dos centros de reeducación para menores da Comunidade Autónoma de Galicia nos que vaian executarse as ditas medidas». Este decreto supón por outra banda un certo desenvolvemento das disposicións recollidas na Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, a infancia e a adolescencia, que no capítulo IV trata dos menores en conflito social e dos centros de reeducación.

Posteriormente o 30 de agosto de 2004 publicouse no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, que entrou en vigor o 28 de febreiro de 2005, e que pretende abordar un desenvolvemento parcial da devandita lei no referente a tres materias concretas: a actuación da Policía Xudicial e o equipo técnico, a execución das medidas cautelares e definitivas e o réxime disciplinario dos centros.

Non obstante, en materia de organización e funcionamento dos centros ao ser unha cuestión non regulada polo Real decreto 1774/2004 na súa totalidade, considerase apropiado manter a vixencia do título V do Decreto 427/2001 para atender a cober

tura da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR