Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Constitución española recolle no seu título VIII, artigo 148.1º.22, como unha das competencias que poderán asumir as comunidades autónomas, a coordinación e demais facultades relacionadas coas policías locais, nos termos que estableza unha lei orgánica. Neste marco, a Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, regula no seu artigo 39 as competencias das comunidades autónomas.

De conformidade coas mencionadas disposicións, na Comunidade Autónoma de Galicia promulgouse a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, que entrou en vigor o 24 de maio de 2007, e que derroga a Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación de policías locais de Galicia.

A Lei 4/2007, no seu título III Da coordinación das policías locais, no artigo 12, dispón que, para os efectos desta lei, se entende por coordinación, o conxunto de técnicas e medidas que posibiliten a unificación dos criterios de organización e actuación, a formación e o perfeccionamento uniforme do persoal e a homoxeneización dos recursos técnicos e materiais ao seu dispor, así como o establecemento de información recíproca, asesoramento e colaboración.

A continuación o artigo 13 establece que, respectando a autonomía local e as competencias estatais en materia de seguridade, a coordinación comprenderá o exercicio de distintas funcións, entre as que se inclúen, determinar normas marco ou criterios xerais a que se terán que axustar os regulamentos das policías locais de Galicia, fixar criterios básicos de selección, formación, promoción e mobilidade dos membros dos corpos, coordinar a formación profesional dos policías a través da Academia Galega de Seguridade Pública, proporcionar a homoxeneización da estrutura, cadros de persoal e funcionamento das policías locais, así como fixar o réxime xurídico (dereitos, deberes e réxime disciplinario).

Debe destacarse tamén a previsión do artigo 45 da dita Lei 4/2007, respecto a que a Academia Galega de Seguridade Pública elaborará un plan de carreira profesional que inclúa os cursos de ingreso, perfeccionamento, especialización e promoción dos membros dos corpos de policía local, así como a necesaria regulación sobre a selección e formación para os postos de vixilantes municipais dos concellos sen corpo e respecto á selección e o curso de formación na dita academia do persoal laboral con funcións de auxiliar de policía de tempada.

Debido ás ditas remisións da Lei 4/2007 ao necesario desenvolvemento normativo en materia de selección, promoción, mobilidade e formación, o título III é o máis amplo deste decreto, dividindo esta regulación en diversos capítulos, nos cales se abordan os procesos de selección, garantías e clases, os sistemas de acceso, a carreira profesional e a formación e a subescala facultativa. Cómpre destacar a especial incidencia que en todo este ámbito ten o disposto pola Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, norma que é...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR