Decreto 262/2006, do 28 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da rolda leste de Lugo; treito: cruzamento estrada N-640 a Ribadeo-cruzamento estrada LU-530 á Fonsagrada. (Clave LU/01/084.01.1).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Con data do 26 de outubro de 2006 o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aprobou o proxecto de trazado da rolda leste

de Lugo; treito: cruzamento estrada N-640 a Ribadeo-cruzamento estrada LU-530 á Fonsagrada (clave LU/01/084.01.1).

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia na articulación viaria da cidade de Lugo, o que suporá unha mellora substancial non

só da seguridade viaria, senón tamén nos tempos de percorrido do sistema viario de Lugo. Por último, cómpre sinalar que esta actuación é básica para dar acceso á nova área hospitalaria.

En virtude de todo o exposto, e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR